Lugo, a 4 de xaneiro de 2020. En todo o abano social lucense hai unha fonda e sincera inquedanza provocada polas dinámicas demográficas que deixan sen poboación partes do territorio provincial. Hai una ampla coincidencia en que afrontar o reto demográfico é unha cuestión que esixe unha implicación política e social decidida e sincera, en todos os ámbitos. Para o Partido Popular de Lugo a perda de poboación, que chega practicamente á despoboación nalgunhas áreas da provincia, constitúe un motivo de grave preocupación, á vez que un estímulo para buscar solucións ao problema. E, como explica a presidenta provincial do partido e portavoz popular na Deputación, Elena Candia, quere facelo no ámbito lucense buscando a implicación de todos os sectores sociais que poden aportar algo para encontrar solucións eficaces para reverter unha situación cada día máis estendida. Para iso, o PP de Lugo ultima unha serie de iniciativas coas que espera conseguir un vademecum que poida ser útil desde a perspectiva provincial e aplicable desde a administración local lucense. En febreiro, o PP de Lugo dará comezo aos venres de estudo e debate sobre o reto demográfico.
Como eixo principal das iniciativas a desenvolver, segundo explica Elena Candia, prográmanse accións mensuais para analizar o reto demográfico e como reverter a actual situación no mundo rural, que incluirán a exposición de ponencias por parte de reputados especialistas no mundo da política, da Universidade, do emprendemento, etcétera. Haberá unha sesión mensual, preferentemente o primeiro venres de cada mes a partir de febreiro. Estas xornadas lucenses de demografía pretenden ser algo así como o pistoletazo de saída para mobilizar ao conxunto da sociedade da provincia e visualizar que hai solucións e alternativas viables. Candia destaca que o reto demográfico é unha cuestión de Estado, no que teñen que implicarse as administracións locais e autonómicas. E iso é o que pretende facer o PP de Lugo desde o ámbito local e provincial, na liña que marca a proxectada Lei de Impulso Demográfico de Galicia e no marco das conclusións do informe da Comisión Especial Sobre la Evolución Demográfica en España, creada por acordo do Senado, o 30 de novembro de 2016. No informe que presentou esta comisión en abril do 2019 destaca que, para afrontar con éxito o reto demográfico, resultan esenciais medidas de apoio ás familias, afrontar a realidade do envellecemento e corrixir as dinámicas de perda de poboación.
No ámbito autonómico, Candia está segura de que a entrada en vigor da Lei de Impulso Demográfico marcará un antes e un despois na abordaxe do problema, no que en Galicia se traballa con rigor desde hai xa moitos anos. Foi un fito neste camiño, recorda a presidenta dos populares lucenses, a aprobación polo Parlamento galego, en abril de 2013, do primeiro Plan de Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020, que situou a cuestión demográfica entre as máximas prioridades do
Goberno autonómico.
Elena Candia confía en que as iniciativas que, neste terreo, impulsarán os populares lucenses, cohesionadas ao redor dos venres dedicados ao reto demográfico, sirvan para aglutinar as ideas, proxectos e iniciativas que desde distintos sectores sociais (políticos, veciñais, empresarias, universitarios, etcétera) empezan a agromar como resposta natural ao problema da despoboación dalgunhas áreas da provincia.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



