Ribadeo, 13 de xaneiro de 2020. A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza tres obradoiros gratuítos durante este mes de xaneiro, incluídos no programa Crear Futuro de Red.es, cofinanciado polo Fondo Social Europeo 2014-2020, con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación. Trátase dun programa de formación e mellora de competencias no ámbito da transformación e da economía dixital para profesionais deste país.
O primeiro obradoiro será sobre Ecosistema emprendedor e celebrarase o día 21 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas. Entre os seus obxectivos figuran: coñecer aos diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa, traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e solución de problemas que achega o Desing Thinking, e identificar as distintas fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles tanto novas como coñecidas.
O segundo obradoiro levará por título Proposta de Valor e Modelo de Negocio e terá lugar o día 22 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas. Pretende dar a coñecer a analizar os diferentes modelos de negocio e dominar a xeración de ingresos e xestión de custos. Ademais identificará as ferramentas e habilidades a ter en conta cando se traballa con socios e practicará con algunhas metodoloxías de xestión de proxectos que están a transformar as empresas nos últimos anos.
O terceiro obradoiro xirará en torno a Como conseguir os primeiros clientes e celebrarase o día 23 de xaneiro de 16:00 a 20:00 horas. Os seus obxectivos son: conseguir clientes que permanezan fieis á marca utilizando estratexias de fidelización eficaces, comprender o rol do cliente nunha contorna dixital e valorar as técnicas para poñer en marcha unha estratexia de márketing dixital, e comprender a importancia da medición de resultados e da optimización das acción online como un proceso continuo de mellora mediante o deseño dunha campaña de captación de clientes.
O prazo para inscribirse nestas actividades remata este venres, 17 de xaneiro, e pode facerse on line no módulo ou módulos correspondentes. As prazas son limitadas e toda a información figura na web do CeMIT Ribadeo.
Ao finalizar a formación poderá obterse un certificado que será enviado a aquelas persoas participantes que superen con éxito a avaliación final.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



