Mañón, 15 de xaneiro, 2020. Quen a día de hoxe faga un percorrido a pé polas beiras de moitos dos ríos, regos e regatos de Galicia, ou tamén polas súas desembocaduras nos cantís, de seguro vai dar cunha serie de construcións, na súa meirande parte abandonadas e en estado ruinoso, que noutro tempo estiveron adicados a moer o gran de maínzo, trigo e outros cereais para producir a tan prezada e necesaria fariña. Son os muíños de auga.
No mesmo estado de abandono, salvo contadas excepcións, e nos sitios máis expostos ao vento, intentan manterse en pé algúns restos de edificacións circulares que tiñan o mesmo fin que aqueloutras construcións das que falabamos no anterior paragrafo, é dicir, facer a moída dos cereais que se plantaban na contorna aproveitando a forza eólica. Lóxicamente estamos a falar dos muíños de vento.
E abondando máis neste tema, hai outro tipo de muíños que non son tan correntes polas nosas costas debido seguramente ao duro que bate o mar na meirande parte delas. Serían estes os muíños que aproveitan a forza das mareas para que o seu rodicio transmita o movemento á pedra de moer, e dos que temos un exemplo restaurado en Senra, parroquia do Concello de Ortigueira.
Todo isto non ten outro obxectivo que facer a introdución á nova actividade de Nordés que está prevista para o vindeiro sábado 25 de xaneiro. Nesta ocasión, e tendo como guía e mestre ao Profesor da UNED e Investigador da USC, Xosé María Leal, propoñemos un roteiro baixo o título: Os muíños do Ortegal. A súa tipoloxía e historia.
O roteiro suporá unha inmersión nun pasado, non tan lonxano, no que a meirande parte das leiras da nosa bisbarra estaban adicadas ao millo, as patacas, as fabas, as cebolas, etc, en vez de estar ao bravo ou ao eucalipto, e na que a labor da moenda era esencial para as familias, pois sempre foi o pan o alimento que non podía faltar na mesa do rico e moitas veces era o único que había na do pobre. Coñeceremos os tipos, como funcionaban, xestionaban e tamén saberemos como e porque muíños, muiñeiros e muiñeiras, entraron a forma parte da nosa bagaxe cultural e social. Pois non hai que esquecer que o muíño, ao igual que nesta actividade nordesteira, era punto de encontro, lugar onde botar unha parolada, mocear, cantar e facer soar a gaita e mailo tamboril.
Non o penses moito, que as prazas son limitadas! Podes anotarte chamando ao 653756454 (Ricardo) ou por correo electrónico a asociacion.nordes@gmail.com.
Itinerario
10:00h. Punto de Saída HR “A Goleta” (O Barqueiro, Concello de Mañón) e visitas.
14:00h. Xantar en Casa Giz(Cuíña, Concello de Ortigueira) por 15€/persoa.
Logo do xantar, visitas en Ortigueira.
18:00h. Fin do roteiro.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



