Burela, 17 de xaneiro, 2020. Este pasado martes á noite reuniuse a asamblea local do BNG para valoralos últimos contactos co PSOE e tomar unha decisión sobre un posible goberno en coalición. Despois de expoñer á asamblea como se produciron os contactos e as negociacións, como evolucionaron as posturas, pasaron a debater para decidir en función diso. Finalmente os nacionalistas decidiron non entrar nese goberno posto que, segundo explica o voceiro do BNG, Mario Pillado, “non atopamos o nivel de confianza necesario para chegar a un acordo e desenvolver un proxecto político para a nosa vila a longo prazo, por iso cremos que o mellor é que sigamos traballando pola veciñanza na oposición, que o PSOE goberne en minoría que era a intención do señor Alfredo Llano dende un principio”.
Dende o BNG tentaron flexibilizar as súas posturas na medida do posible para chegar a un acordo.
En verbas do voceiro nacionalista, Pillado di que “se facemos un balance das negociacións, nos comezamos cedendo na nosa proposta de áreas de goberno que críamos que debíamos xestionar. Por iso marcamos prioridades en canto á representatividade do noso grupo en tódolos ámbitos pero tampouco se aceptou. Para tentar chegar a un acordo flexibilizamos a nosa postura rebaixando as nosas pretensións en canto ás dedicacións, pero iso tampouco serviu. Nun último intento rebaixamos tamén en canto á representatividade na xunta de goberno local pero seguían os problemas. Iso fixo que se xerara unha desconfianza que imposibilitou o acordo. Semellaba que dende a outra parte nunca eran suficientes as concesiós que facíamos”
Dende o BNG asumen que tomaron unha decisión firme e fanse responsables das consecuencias. Para Mario Pillado “agora estamos na oposición, o seguinte paso é o pleno organizativo deste martes, temos uns días para analizar a proposta de goberno do alcalde e ver como a podemos matizar ou enmendar”.
“Xa neste pleno poderase ver como se desenvolve cada grupo nesta nova situación, cunha aritmética diferente e no que se poden producir todo tipo de situacións” finalizou o voceiro do BNG, Mario Pillado.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



