Foz, 17 de xaneiro de 2020. Entregados en Foz os premios aos gañadores/as dos Concursos de Escaparates e Nadal no Fogar, convocados polo Centro Comercial Aberto. O acto, que se desenvolveu no bar Acuario, contou coa presenza do presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto,e do concelleiro de Comercio, José Mª Linares.
Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez. E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Foron: Chuvia e Vas’s Outlet. E a gañadora do concurso Nadal no Fogar foi Antonia Martíñez. Ademais Acia Foz entregoulle un diploma a Olalla Rodríguez, como embaixadora do comercio de Foz, “en recoñecemento polo seu apoio e colaboración co comercio local”.
Na quenda de intervencións o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, dixo que “levamos xa varios anos facendo o Concurso de Escaparates de Nadal e queremos agradecer a participación de todos e tamén o traballo en equipo porque cando vemos unha rúa chea de ambiente e cos escaparates bonitos todo iso fai equipo”.
Pola súa banda o rexedor, Fran Cajoto, destacou a calidade do comercio local: “o valor humano, o trato próximo, a amabilidade valórao moito a xente de fóra, aparte da decoración e da organización das tendas, porque iso non o hai en moitos sitios de España. A min tamén me tocou vivir fóra e iso non existe. Entón potenciando o bo trato eu penso que as tendas de calidade que continúan van perseverar porque aportades un valor engadido ao prezo, que é esa atención, buscar o que necesita o cliente e como se sinte cómodo e a gusto porque ao final tamén é moi importante saír contento da tenda, non só co que compras senón tamén co trato que recibiches”.
E o concelleiro de Comercio, José Mª Linarez, felicitou aos gañadores dos Concursos: “Quiero felicitar a los ganadores y daros la enhorabuena. Después de muchos años muchos comercios seguir con ese mimo y cariño trabajando y haciendo escaparates es mucho de agradecer. Yo siempre digo que todas las administraciones apoyan al comercio local porque no puede ser de otra manera. Nosotros estamos a disposición del comercio local desde el primer minuto, lo sabe también Paleo, para todo lo que sea conveniente. Todas las administraciones se vuelcan con el comercio local, se hacen campañas para potenciar y estar al servicio del comercio local porque realmente un pueblo sin comercio es un pueblo muerto”.
Todos aludiron ao programa recén estreado en RadioFoz e dedicado ao comercio local focense.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



