LUGO .- A Deputación organizou unha xornada sobre a directiva Bolkenstein no ordenamento xurídico español e a súa implicación nas novas formas de control da actividade dos veciños. A formación vai dirixida a todos os empregados da administración local, incluídos os alcaldes e concelleiros.
Nota de Prensa
A Deputación forma ós traballadores dos Concellos na directiva que regula as actividades do sector servizos
– Prestixiosos especialistas disertarán sobre a normativa Bolkenstein e a súa implicación nas entidades locais para o control de actividades deste sector que esixen autorización administrativa
– A xornada, que se desenvolverá semana que vén no Pazo de San Marcos, está dirixida a todos os empregados da administración local, incluídos os Alcaldes e Concelleiros
Os días 15 e 16 de abril o Salón de Actos da Deputación acollerá unha xornada informativa sobre a directiva Bolkenstein no ordenamento xurídico español e a súa implicación nas novas formas de control da actividade dos veciños. Deste xeito, diversos especialistas disertarán sobre como lle afecta esta normativa europea ás actuacións do sector servizos que precisan para a súa execución autorización administrativa.
O simposio, que se inclúe dentro do Plan Propio de Formación Continua para o ano 2010, está dirixido a todas aquelas persoas que se atopan no ámbito de decisión da Administración Local, tales como: Alcaldes, Concelleiros, Secretarios, Interventores, responsables de servizos técnicos municipais e provinciais, asesores xurídicos, responsables de contratación, etc. Nestes momentos, están confirmadas unha trintena de persoas.
A Directiva Bolkstein afecta a 46 Leis estatais, ós municipios e a certas ordenanzas locais: apertura de establecementos, venda ambulante, mercados ou espectáculos. Prevé fundamentalmente 4 mecanismos para facilitar a simplificación de procedementos como a ventanilla única, a través da que se poden realizar trámites necesarios, autorizacións, inscricións en rexistros, unha regulación detallada das obrigas de información dos prestadores de servizos e o dereito de acceso á mesma por parte dos consumidores e, finalmente, o impulso dos procedementos por vía electrónica.
En concreto, as actividades de servizos que se ven afectadas neste anteproxecto supoñen o 87% do valor engadido do sector servizos en España e representan máis do 50% do emprego total da economía española.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



