Lugo, 23 de xaneiro de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Lugo á mesa de traballo de Alcoa, na que ademais da Xunta estivo presente o Goberno do Estado, a empresa e representantes dos traballadores. Conde amosou a súa decepción xa que as medidas que o Goberno ten previsto poñer en marcha son, segundo a propia empresa comunicou, insuficientes para manter a produción de aluminio primario en Galicia e España -San Cibrao é, nestes momentos, a única planta que produce aluminio primario no país-.
Por este motivo, Conde instou ao Goberno a que revise as actuacións previstas co obxectivo de rectificar e poñer en marcha iniciativas que garantan un prezo competitivo: “Estamos ante un Goberno que actúa de xeito unilateral ás costas das empresas e dos traballadores. Estamos nunha situación de máxima emerxencia porque se ten posto de manifesto que as medidas propostas son insuficientes para atender as necesidades de Alcoa San Cibrao e así non é posible darlle continuidade”, subliñou Conde quen, ademais da rectificación das medidas pediu a incorporación doutro tipo de iniciativas de carácter fiscal e bonificacións nas peaxes de transporte que a Xunta propuxo, ademais dun “compromiso real”.
O conselleiro recordou que esta situación comezou hai practicamente dous anos e que das medidas que se poñan en marcha dependerá que a industria electrointensiva de Galicia e España poida contar cun prezo competitivo: “A única medida que o permite é lograr un prezo de 35-40 euros/MWh”, asegurou.
Conde incidiu en que a prioridade da Xunta segue sendo o mantemento dunha actividade industrial da que dependen 5000 familias en Galicia, que agardan unha solución que pasa por permitir que estas empresas poidan competir en igualdade de condicións que o resto de industria europea.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



