Foz, 28 de xaneiro, 2020. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o venres 31 de xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahia de Foz a presentación do libro de historia Crónicas da Galiza Barbara, do historiador mariñán Antonio Rodríguez Baixeras.
O acto é un percorrido pola historia da comarca da Mariña ao longo da alta Idade Media. O autor repara na súa investigación na fundación da Catedral de San Martiño de Mondoñedo, na figura do seu renovador Rosendo Guterres ou na vida do fundador do Mosteiro de Lourenzá Osorio Guterres, o conde Santo.
Baixeras, na súa investigación destaca o papel de creación da primeira sé mindoniense, sobre a primitiva sé dos bretóns, habitantes das illas Británicas que a volta de comezos do século V chegaron á area norte da Galiza fuxindo das persecucións dos saxóns. As referencias que nos chegaron arredor destas emigracións son máis amplas do que podíamos agardar, até o punto de que en diferentes concilios aparecen os nomes dos bispos dos bretóns, entre eles o famoso Mailoc. Segundo algúns estudosos os monxes de Braga trasladáronse a San Martiño de Mondoñedo no século IX para erguer a nova diocese sobre a xurisdición do antigo mosteiro Máximo dos Bretóns.
Outra das familias que ocupa un lugar de relevo na investigación de Baixeras é a dos Guterres. Un deles Osorio Guterres, coñecido popularmente como o Conde Santo, fundador do Mosteiro de Lourenzá está ligado a principal familia oligárquica da area cristiá no espazo peninsular. Vinculado a mesma familia, atopamos a Rosendo Guterres, coñecido como San Rosendo, fillo de Santa Aldara, curmá da raíña Elvira Mendez e tío dos reis galegos Afonso IV, Sancho Ordoñes e ramiro II O Grande. Rosendo, fundador de mosteiros como Caveiro ou Lourenzá, exerceu de bispo mindoninese na súa sé de San Martiño de Mondoñedo sucedendo ao seu tía Sabarico.
O autor do libro, Antonio Rodríguez Baixeras , natural de Ribadeo e ligado a Foz, onde pasa longas temporadas é licenciado en historia, profesor de ensino secundario, escritor de diversas obras de ficción é autor de varios volumes históricos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



