BURELA (FNC) .- A Delegación de Mar de Burela quere poñer en marcha un novo proxecto que, segundo explica Remedios López, “será moi beneficioso para o noso pobo e único en toda Galicia, trátase dun obradoiro de redeiras”.
A edil socialista lembra que “tiñamos un compromiso co anterior equipo do goberno da Xunta de Galicia de que cando saíse a titulación de redeiras se daría luz verde á posta en marcha deste obradoiro, e así fomentar o emprego en Burela e recuperar un oficio que se está a perder. No BOE 227 do 19 de setembro do 2009 crease a titulación de redeiras e dende ese momento o Concello de Burela está a traballar co fin de levar adiante ese proxecto, esperando que o novo goberno da Xunta estea tamén interesado en recuperar a nosa cultura e apoiar ao Concello de Burela”.
Remedios López segue a explicar que “coa publicación da subvención dos talleres de emprego no DOG nº58 do 26 de Marzo do 2010 comeza a coller forma o proxecto. O obradoiro irá destinado a 15 persoas desempregadas sobre todo para grupos de difícil inserción como poden ser mulleres desempregadas, inmigrantes e maiores de 45 anos, e enfócase como un servizo de utilidade colectiva innovador, como rehabilitación do patrimonio natural e cultural da nosa zona pesqueira, que se está a perder por descoñecemento da xuventude e que é necesario para o desenvolvemento das artes pesqueiras. É un proxecto que ten perspectivas de emprego no noso concello e que serviría para sacar a titulación necesaria que ningunha das redeiras en activo ten”.
A concelleira de Mar engade que “neste obradoiro as clases teóricas desenvolveríanse no centro de formación ocupacional e as prácticas na nave de redes a través dun convenio que faríamos coa cofraría de pescadores San Juan Bautista.Tamén dentro deste módulo iría un curso para sacar a tarxeta profesional de mariñeiro pescador e outro de creación de empresas e sobre todo de cooperativas coa idea de que cando rematen poidan darse de alta e formar unha cooperativa para coser as redes dos armadores de Burela, que moitos deles as levan a Portugal”.
Remedios López suliña que “o noso pacto abrangue seis cofradías Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprian e O Vicedo contamos con: 34 arrastreiros, 57 palangreiros de fondo e 28 de superficie, 14 cerqueiros, 2 volanteiros, 93 lanchas de artes menores e 10 lanchas percebeiras, entre outras”.
A edil de Mar manifesta que “a pesca é un dos inxectores da economía da Mariña, grazas á pesca conséguense importantes ingresos económicos e turísticos que fan que A Mariña lucense se desenvolva e medre. Sen embargo notamos unha falta de titulacións de formación integral das tripulacións dos barcos pesqueiros de altura, de litoral e de cabotaxe tanto na sección de ponte, de máquinas ou de redeiras, todas elas necesarias para poder sacar o barco ao mar. Non existe ningunha escola oficial náutico pesqueira na Mariña para que suavice as trabas de formación existentes, co cal vemos necesaria a necesidade de obradoiros de emprego para ir recuperando esta formación e integración de grupos desfavorecidos e desempregados na inserción dun posto de traballo”.
López Villar tamén apunta que “no Parlamento de Galicia aprobouse recentemente por unanimidade de todos os grupos políticos unha iniciativa do PP para a creación dun selo distintivo que implique o cumprimento da normativa de enmalle, a elaboración do aparello por unha redeira legal e a calidade dos materiais á hora de fabricar as redes. A proposta, solicitada polas redeiras, pretende ademáis detectar e denunciar as actividades ilegais e clandestinas, frenando o intrusismo na profesión mediante un programa específico de inspección laboral. Ademáis de tentar paliar a precariedade do sector e impulsando asociacións”.
Este obradoiro, que se denominaría FARO DE BURELA IV e que se aprobará na xunta de goberno do Concello de hoxe luns 12 de abril, “pasaría á seguinte fase que sería presentalo antes do 15 de abril para a súa aprobación por parte da Consellería de Traballo. O módulo de redeiras tería un custe de 322.000€ e ademáis deste haberá outro de xardinería e albanelería”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



