Ribadeo, 1 de febreiro de 2020. A Concellaría de Cultura e Consumo organizou uns actos arredor do urbanismo e o maltrato da paisaxe que remataron onte, 31 de xaneiro, cun broche de ouro: a conferencia impartida por Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de Apatrigal, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Pilar Otero, concelleira de Cultura, contou que “ata Ribadeo achegouse, para levar os valores da paisaxe e da arquitectura ao alumnado do IES de Ribadeo, Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de APATRIGAL (Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego), director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo e, entre outras moitas actividades que desenvolve no eido do urbanismo e a arquitectura, tamén creador da coñecida conta de facebook Canibalismo urbanístico e maltrato da paisaxe”.
A edil nacionalista dixo que “cumprir co obxectivo de visibilizar o que xa é un feito en Galicia e impactar ao alumnado coas numerosas imaxes que o arquitecto explicou, fará que no futuro teñamos unha sociedade máis consciente do impacto ambiental dos nosos feitos e decisións tanto a nivel particular como, sobre todo, a nivel institucional. Para preservar o patrimonio cultural e natural é necesario reeducar á sociedade, manter un programa de sensibilización desde a base, nos nosos centros de ensino, e concienciar a todas as persoas na responsabilidade de manter e protexer o noso patrimonio. Esta labor ten que partir das autoridades, das institucións, porque somos nós os primeiros que temos que dar exemplo”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



