Lugo, 13 de febreiro de 2020. A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García, acudiron este xoves ao XIII Concurso Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería que tivo lugar no IES de Foz. “Dende a Deputación apoiamos estas iniciativas que contribúen a profesionalizar un sector, o da hostalería, que é fundamental para a economía da comarca”, dixo Loureiro. Os responsables provinciais fixeron entrega de varios premios do certame, organizado polo instituto mariñán, para o que a Deputación de Lugo achega 3.000€.
Retransmitida un ano máis en directo pola Escola de Servizos Audiovisuais da Deputación, esta edición do concurso conta coa participación de alumnos de 13 escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León.
Xoel Carreira Campa, do centro de formación profesional Paseo das Pontes da Coruña, foi o gañador do campionato internacional de baristas na categoría de escolas de hostalería. A segunda clasificada foi a alumna da escola vasca de Gamarra Maialen Delgado Fernández de Arroyabe e o terceiro premio levouno a representante da escola de hostalería focense, Perla Daniela Sención. No transcurso do certame, os participantes elaboraron os seus cafés de diferentes formas e aplicando as técnicas, habilidades e coñecementos adquiridos. As mostras foron avaliadas por unha vintena de xuíces, encargados de facer a degustación e valorar aos participantes.
“Esta cita congrega cada ano a estudantes e a profesionais dispostos a conseguir os trofeos que os recoñecerán coma os mellores baristas ou catadores de café. Este premio é toda unha carta de presentación nun sector chave no desenvolvemento do potencial turístico e os campionatos son unha boa ocasión para desfrutar en directo das habilidades dos mellores”, subliñou Roberto García. Pola súa banda, a Deputada de Muller e igualdade asegurou que “a formación de persoas interesadas por especializarse en sectores punteiros sempre é motivo de cooperación. Grazas a elas temos traballadores eficientes e preparados”.
Mañá, ás 9:00 horas, a XXIII edición deste concurso de baristas rematará co VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e unha charla, ás 14:00 horas, co enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía, que falará do cultivo biotecnolóxico do café. Un día máis, haberá degustacións de repostería e café de 9:30 a 13:00 horas abertas ao público.























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



