A falcatrúada da ministra Montero á conta dos 200 M€ recadados polo IVE na Galicia en decembro de 2017 acadou o rexeitamento xeralizado da cidadanía. Mais cómpre tirar deste fío para entendermos a inxustiza dun sistema de financiamento que condena á insuficiencia de recursos á sanidade galega e demáis servizos públicos.
200 M€ son o 8% dos 2500 M€ adebedados ás CC.AA. todas, agás Euskadi e Nafarroa que recadan cadanseus impostos. Logo recadamos por IVE bastante máis que o que nos cómpre por PIB (5,5% do total estatal) conxunto do Estado. Isto quere dicir que a actividade económica real é moi superior á contabilizada a prol de Galicia. Por exemplo, PSA e Alcoa teñen o seu domicilio fiscal fóra do País e computan fóra.
Os número son abraiantes. No 2017 recadáronse 12.214 M € de impostos, dos que só uns 7.650 M€ voltaron ao Orzamento da Xunta vía financiamento do Estado. Os 4700 M€ da diferenza fican en Madrid. Porén, hai que pagar os policías, defensa, xuros da débeda e demáis servizos estatais. Mais non valen 4.700 M€/ano. Euskadi paga entre 1300 e 1550 M€ co 6,24% do PIB estatal. Galicia, co 5,5% habería pagar uns 150-200 M€ menos. Si, botaron ben a conta: perdemos (por non dicilo doutro xeito) 3300-3400 M€/ano que van a Madrid e non volven.
Os nosos concellos receben do Estado só o 3,3% dos fondos de financiamento local, cando por poboación nos cumpre o 5,2%. Porque Madrid financia directamente cada concello priorizando a súa poboación. Velaí a perda de 600 M€/ano que mellorarían o financiamento dos servizos públicos locais en Galicia.
O unionismo centralista adoita opór a estas punxentes realidades a insuficiencia das cotizacións galegas á SS para financiarmos as prestacións que percebemos na Galicia. Mais se os impostos son cuestión de territorios as pensións perténcenlle ás persoas. Moitos pensionistas galegos gañaron o seu dereito de pensión cotizando fóra do noso País. Mesmo o seu ventureiro regreso a Galicia no outono da súa vida supón unha tensión engadida para o financiamento da sanidade pública galega.
Xa que logo, votemos para financiarmos os nosos servizos recadando os nosos impostos, sen acreditarmos na ladaíña dunha inexistente solidariedade que só tenta anular o noso autoaprezo.





















Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



