Burela, 25 de febreiro, 2020. As pupilas de Julio Delgado e Lucas non quixeron deixar nada ao azar. O Pescados Rubén Burela FS aliouse á perfección coa intensidade, seriedade e concentración para encamiñar o primeiro envite de semifinais da XIV Copa Galicia esta mañá na pista do líder de Segunda, Viaxes Amarelle FSF, e facer reinar o brillo laranxa goleador ata o 1-10. Vista Alegre acollerá o encontro de volta o 18 de marzo. A final está prevista para o 11 de abril.
Xa no primeiro acto, as mariñás conseguiron unha vantaxe de 0-6. Tras os tantos temperáns de Cilene, nun disparo frontal axustado ao pau xa no 1 de xogo, e Lara Balseiro, dende saque de esquina no 3, ampliaron distancias Peque no 7, de novo a viveirense no 13 e Jenny Lores no 18. Nos últimos compases antes do descanso, o saque de falta burelista deu en María Gómez antes de perforar a rede.
Chegando ao ecuador do segundo acto, Jenny recolleu na área herculina para subir o 0-7, engalanado con dobre diana de Ale de Paz (minutos 30 e 32) e unha vez máis coa maxia de Cilene (32). O Amarelle tan só puido batir a meta das mariñás, pouco despois, nun contragolpe, para subir o gol da honra.
Na outra semifinal, a ida entre Poio Pescamar FSF e Ourens Envialia decidirase hoxe na pista pontevedresa a partir das 20:00 horas.
Rumbo a Roldán para o sábado
As Guerreiras pecharán a semana o sábado, coa xornada 22 na pista do STV Roldán (12.00 horas, en directo por 7TV).
Ficha técnica
Viaxes Amarelle FSF: Tamara, Yaiza, Patri, Patri Romaní, María, cinco inicial; tamén xogaron Irune, Mónica, Inés, Nuria
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Peque, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Lores, Jenny, Dany, Luci, Ale de Paz
Goles: 0-1, minuto 1, Cilene; 0-2, minuto 3, Lara Balseiro; 0-3, minuto 7, Peque; 0-4, minuto 13, Lara Balseiro; 0-5, minuto 18, Jenny Lores; 0-6, minuto 19, María (p.p.); 0-7, minuto 27, Jenny; 0-8, minuto 30, Ale de Paz; 0-9, minuto 32, Ale de Paz; 0-10,minuto 32, Cilene; 1-10, minuto 33, Inés
Árbitros: Dans Rey // Moreira Bermúdez
Incidencias: Partido correspondente á ida de semifinais de XIV Copa Galicia disputado no Sagrada Familia da Coruña























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
