Ribadeo, 3 de marzo de 2020. Ribadeo celebrará o Día Internacional da Muller coa Gala Por Elas e Para Elas, que terá lugar no Cine Teatro o vindeiro sábado, 7 de marzo, a partir das oito da tarde. A entrada é libre e gratuíta. O evento foi presentado no salón de plenos do Concello.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “hoxe vimos presentar a acción que a Concellaría de Igualdade en colaboración co CIM, está a organizar para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Seguindo as liñas propostas este ano pola unión do feminismo galego,nas cales se decidiu situar os coidados no centro das reivindicacións deste 8 de marzo, baixo o lema Sen coidados, non hai vida… artellamos este acto a nivel local, para poñer o foco nos coidados das persoas da nosa vila”.
A edil nacionalista subliñou que “se trata dunha Gala que terá lugar este sábado, 7 de marzo, ás 20 horas no Teatro de Ribadeo. Unha gala Por elas e Para elas, que leva por nome: Eu coido, Ti coidas, Coidámonos. Coa elección deste título, como se pode ver no cartel, queremos facer fincapé en que se unha persoa non coida, esa persoa está descoidando. Porque os coidados son imprescindibles na nosa vida diaria: os coidados ás persoas, os coidados ao territorio, os autocoidados… Non existe un termo medio. Ou coidas, ou descoidas. Pero que se todas as persoas tomamos parte activa nos coidados… Se eu coido, e ti coidas, nese caso, coidámonos”.
Mariluz Álvarez fixo fincapé en que “os coidados deben ser colectivizados, e debemos desmontar dunha vez por todas a idea de que a figura coidadora por natureza é a da muller. Non se poden seguir alimentando mitos como que muller nace máis capacitada para facerse cargo dos coidados do fogar, dos coidados das persoas maiores, das persoas dependentes, das fillas, dos fillos… Porque seguir alimentando eses estereotipos implica seguir mantendo roles diferenciados dentro sociedade, e polo tanto, implica que as mulleres sigamos suxeitas á discriminación”.
A directora do CIM, Luisa Couceiro, contou que “debemos destacar que todas as mulleres que participarán na gala son de Ribadeo pois é a nosa idea facer que sexa por elas e para elas. E por iso contaremos coa presenza de Carmen Rodríguez, que é a música e compositora que temos en Ribadeo; Silvia Murias, que é unha poeta afeccionada; o grupo da Escola Municipal de Danza; as mulleres do programa de dinamización das parroquias de Ribadeo Aquí como de 20, que tamén terán un papel importante nesta gala; a asociación de amas de casa; e o grupo de teatro de Ribadeo, que se encargará de presentar o acto. Vai ter unha duración aproximada dunha hora e nese tempo imos desfrutar de actuacións musicais, de danza, recitais de poesía, proxeccións de vídeo, … E ademais contaremos cun fotomatón á entrada do Cine Teatro para que todas as persoas que asistan poidan levar un recordo desta gala dedicada aos coidados e feita por elas e para elas”.
Pola súa banda, Beatriz Yáñez, técnica de Igualdade do CIM de Ribadeo, explicou que a Gala do 7 de marzo ten dous obxectivos principais: “o primeiro, facer un recoñecemento ás mulleres que levan encargándose do ámbito dos coidados historicamente sen ningún tipo de recoñecemento, e máis invisibilizándose na maioría das ocasións estes coidados e a estas persoas… e incluso infravalorándoos. É hora de poñer os coidados no centro da vida, e para iso é imprescindible recoñecer e valorar ás persoas que exercen de coidadoras. O segundo obxectivo é lembrar a importancia dos autocoidados, de situarnos tamén a nós mesmas no centro, de ser tamén prioridade, de saber cando temos que parar, de poñer límites, de saber dicir que non, de dedicarnos tempo, de coidar o noso tempo de ocio… En definitiva, de escoitar o que necesitan os nosos corpos, igual que tan ben se nos deu escoitar o que necesitaban os demais ao longo da historia”.
Yáñez lembrou que “este ano a campaña arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, comezou coa manifestación nacional do pasado domingo en Verín, organizada pola Asemblea de Galegas 8M, e finalizará coas mobilizacións locais e comarcais o vindeiro domingo, 8 de marzo. No caso da Mariña a manifestación este ano será o domingo ás 12 do mediodía en Foz, con saída da praia da Rapadoira, e posterior xantar colectivo, actuacións de grupos locais, e unha foliada feminista para pechar a xornada. Dende a Concellería de Igualdade de Ribadeo convidámosvos a todas e a todos a participar desta xornada, organizada pola suma de mulleres e colectivos feministas da Mariña que configuran a Asemblea Comarcal Galegas 8M”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



