Compostela, 11 de marzo de 2020. O informe definitivo sobre a situación das minorías no Estado español elaborado polo relator especial da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, recolle -por primeira vez- expresamente a vulneración dos dereitos lingüísticos en Galiza. O documento (ligazón) denuncia a incorrecta a aplicación da lexislación e das iniciativas a favor do galego, baseándose nos “coherentes” informes que lle presentou a Mesa pola Normalización Lingüística como proba de que “as e os galego falantes non poden empregar a súa propia lingua coas autoridades públicas en Galiza, malia o aparente dereito a facelo”.
O informe emitido por Fernand de Varennes despois de escoitar á sociedade civil e máis ás institucións estatais e autonómicas, insta ao Estado español a garantir os seus compromisos en relación aos dereitos lingüísiticos, nomeadamente na xustiza e no ensino, e ás comunidades autónomas, no que for da súa competencia.
O relator da ONU evidencia a ausencia de avaliación oficial sobre as competencias nas linguas minorizadas do Estado, recolle as limitacións para estudar na lingua propia e insta a “revisar calquera medida que poida reducir a proporción de docencia en lingua minorizada”, tal e como acontece co Decreto 79/2010 contra o galego no ensino. Recomenda, tamén, ás autoridades españolas “que se aseguren de disporen de recursos apropiados, profesores, persoal de apoio e infraestruturas para que as crianzas das comunidades autónomas con poboacións significativas pertencentes a minorías lingüísticas teñan a posibilidade de estudar nas súas propias linguas”. E, finalmente, recomenda a revisión dos libros de texto para incorporar representacións máis inclusivas e positivas da diversidade do Estado.
Este é, polo tanto, un primeiro aviso da ONU á Xunta no relativo ao Decreto de plurilingüismo, que se suma ás demandas de derogación que fixo recentemente o Consello de Europa.
A Mesa pola Normalización Lingüística
É unha entidade social independente, constituída en 1986 e da que forman parte arredor de 5000 socias e socios e que ten como obxectivo a normalidade plena da lingua galega. Neste sentido, a defensa do dereito ao emprego do galego en Galiza en todas as situacións e contextos é unha das súas principais liñas de actuación. Entendemos que o dereito ao uso da lingua propia non se pode desligar dos máis elementais dereitos humanos, civís e democráticos. A entidade dotouse do Observatorio de Dereitos Lingüísticos que conta cun comité asesor formado por xuristas e persoas expertas en diferentes ámbitos. O Obseratorio elabora relatorios e informes que envía a diferentes institucións públicas galegas, estatais ou, recentemente, ao comité de expertos do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais e minorizadas. Anualmente presenta publicamente o seu informe A Liña do Galego baseado nos casos de vulneracións de dereitos lingüísticos, mais tamén nas consultas ou parabéns a quen si os garante. Mañá mesmo presentará, en Compostela, o informe de 2019, nun acto no que tamén analizará en máis profundidade o informe da ONU.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



