Foz, 18 de marzo de 2020. O Concello de Foz acaba de convocar dous concursos on line, de debuxo e de relato curto, como opcións de entretemento para os veciños durante o confinamento ocasionado polo estado de alarma. O prazo para entregar os traballos remata o vindeiro martes, día 24.
O alcalde focense, Fran Cajoto, e o concelleiro de Cultura, Héctor Moris, presentaron os certames hoxe, mércores, e explicaron: “sabedores das dificultades que supón para todo os cidadáns o confinamento que estamos a levar a cabo, o Concello de Foz lanza dous concursos: un de debuxo e outro de relato curto. Con estes certames pretendemos ofrecer una actividade lúdica que sexa unha posibilidade máis de entretemento, sobre todo para os máis pequenos, que son os que máis están a sufrir as consecuencias desta situación”.
Cajoto e Moris engaden que “o Concello de Foz sempre está a carón dos cidadáns, especialmente de colectivos tan sensibles como pode ser as nosas nenas e nenos. Por iso pretendemos ofrecer actividades que supoñan una axuda nestes momentos nos que esta corentena fai que as rutinas se vexan alteradas e que o entretemento sexa tan necesario nestes días”.
Desde hoxe e ata o martes 24 poderanse entregar os debuxos e relatos nas diferentes categorías enviándoos á dirección de correo electrónico concurso@concellodefoz.es. O mércores 25 daranse a coñecer os gañadores e publicaranse todas as obras recibidas nas redes sociais do Concello, onde xa están publicadas as bases.
O concurso de debuxo está dirixido a nen@ e moz@s do Concello de Foz e hai 5 categorías: para alumnado de Infantil, de primeiro ciclo de Primaria, de segundo ciclo de Primaria, de Secundaria e de Bacharelato.
No certame de relato curto poden participar todas as persoas empadroadas no concello de Foz e hai tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos).
Para os dous concursos hai tres premios por categoría, que consisten en vales de compra de 50, 30 e 20 euros para librerías de Foz.
“Compre destacar que o concurso de relato curto tamén existe a categoría adulto. Sabedores das dificultades do noso comercio os premios serán vales de compra para utilizar nas librerías de Foz”, explican o rexedor municipal e o edil de Cultura, que rematan transmitindo “unha mensaxe de calma e tranquilidade” e destacando “o comportamento exemplar que, unha vez máis, o pobo de Foz está a demostrar nestes tempos difíciles. E recordar que o Concello segue a traballar e está a disposición de todos os cidadáns”.



























A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.



