Burela, 25 de marzo de 2020. O Concello realiza tarefas de desinfección co camión municipal de bombeiros nas zonas onde se rexistra unha maior presenza de xente como as inmediacións de supermercados, panaderías, farmacias ou outros negocios que están abertos. O alcalde burelés agradece a colaboración do GES de Cervo, que está a actuar nos arredores do hospital e fai fincapé no reforzamento do Servizo de Axuda no Fogar.
Para Alfredo Llano: “debe ser prioritario, todo o mundo debe estar pensando en como facer o posible para eliminar a propagación do coronavirus, para eliminar os casos positivos. Iso debe ser a máxima responsabilidade hoxe que debemos sentir de forma persoal e colectiva. Nosoutros aquí en Burela agora mesmo estamos desinfectando os espazos públicos, comezouse a través do GES de Cervo, que nos está botando unha boa man na desinfección do perímetro do hospital e dalgunha outra zona. Tamén a nosa empresa de limpeza desinfectou algunhas rúas, pero agora mesmo estamos con persoal do propio Concello e co vehículo do Concello que se emprega normalmente para os incendios, que leva unha grande capacidade de auga, uns 2.000 litros, estamos limpando todas as zonas en xeral de Burela, preferentemente nas prazas e sobre todo onde se pode concentrar máis xente como poden ser os supermercados, as panaderías, etc…, estamos dando unhas pasadas e vai ser a diario para procurar facer todo o posible con respecto á hixiene e a garantir a cuestión sanitaria”.
O rexedor contou que “tamén estamos achegando material de protección, dentro do ámbito que nosoutros poidamos ter. Temos pouco, algún distribuímolo. Mañá iremos a Lugo a por máis material dado que temos pedido, a través da FEGAMP, unha serie de material importante para evitar contaxios. Iso tamén o estamos distribuíndo dentro do que pode ser a nosa responsabilidade e sobre todo os nosos medios. Estamos dando un impulso á atención a domicilio, a verdade que hai xente do concello que está colaborando, voluntarios que están colaborando, para atender a aquelas persoas que teñan necesidade ben porque vivan soas, teñan pouca mobilidade ou necesitan dalgunha maneira moi xustificada axuda. Polo tanto estámoslle levando a comida, os produtos de farmacia ou aquilo que nos pidan. É algo que está dando moi bo resultado e penso que é un motivo extraordinario de orgullo solidario”.
O alcalde engadiu que “tamén estamos facendo unha cousa que penso que é importante. Estamos en coordinación constantemente, dunha forma extraordinaria, tanto coas forzas de seguridade como coas autoridades sanitarias. Estamos en relación todos os días analizando e vendo onde podemos procurar axudarnos uns a outros, coordinarnos e traballar todos no mesmo sentido para atallar isto o antes posible. Agora levamos once días de alarma e cando vaia a máis temos que ir pensando, dunha maneira coordinada, os Concellos, a Xunta de Galicia e o goberno do Estado, que tipo de axuda se vai prestar aos moitos afectados que vai haber derivado desta crise sanitaria. Estamos estudando xa aprazamentos de cobros, meter un fondo de continxencia, levar parte do orzamento para atender emerxencias sociais ou cuestións de política social en xeral e todo aquilo que sexa necesario, pero ten que ser dunha maneira coordinada, que fagamos todos o mesmo, que non existan desfases e que poidamos atender aquelas necesidades que se deriven desta crise”.
Remate de obras
Alfredo Llano tamén contou que “aquí en Burela estamos dando pasos como é rematando unha serie de obras que son importantes, que consideramos van ser moi positivas para o conxunto do concello, como son as melloras en Rosalía de Castro e na rúa do Hórreo. Están a piques de rematar, xa estamos practicamente na última semana. En canto se normalice esta alarma, cando desapareza porque xa temos vencido a propagación do virus, animar á xente de Burela e aos visitantes que poidan vir gozar destas novas rúas en Burela. Iso sería moi agradable poder ver xente por aí porque significaría que xa temos dado un paso moi grande”.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



