Ribadeo, 27 de marzo de 2020. A Concellaría de Cultura fixo públicas as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar aquelas rapazas e rapaces da Mariña, que teñan entre 16 e 30 anos, nas modalidades de relato curto, poesía e debuxo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “o decreto do estado de alarma nos colleu a piques de difundir as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. De todas maneiras decidimos facelas públicas igualmente máis sen facer referencia a prazos nin modo de envío dos traballos, por razóns obvias”.
A edil explicou que “este certame se pon en marcha co fin de dar a oportunidade de demostrar a súa capacidade creativa ás mozas e mozos dos concellos da Mariña. Polo tanto poderán participar todas aquelas mozas e mozos que a 20 de abril de 2020 teñan entre 16 e 30 anos, que naceran ou vivan en calquera concello da Mariña ou mesmo que estean matriculados en calquera centro educativo da Mariña de Lugo”.
Pilar Otero contou que “se establecen tres modalidades para presentar os traballos: relato curto, poesía e debuxo. Cada participante só poderá presentar un traballo para cada unha das modalidades. Deberán estar escritos en lingua galega, na normativa oficial, e aínda que a temática é libre valorarase de xeito especial que as obras teñan perspectiva de xénero e que reflictan aspectos ou elementos de Ribadeo e da comarca da Mariña. Pódense consultar as bases completas deste certame na páxina de facebook da Concellería de Cultura”.
A concelleira de Cultura animou “a todas as persoas a aproveitar estes días de estar na casa para fomentar a súa creatividade e participar neste certame organizado dende a Concellería de Cultura”.
As obras presentadas a este certame terán que ser orixinais e inéditos, tanto de xeito impreso como en calquera tipo de edición dixital. Os traballos na modalidade de relato curto deberán ter un mínimo de 3.000 caracteres e un máximo de 10.000, os de poesía non poderán sobrepasar os 150 versos e os de debuxo poderán estar realizados con calquera tipo de técnica, incluso asistidos por ordenador bidimensional. Todos estes traballos terán que presentarse en formato físico (papel DIN A3 ou DIN A4).
Haberá un premio de 300 euros por categoría e, se o xurado o considerara oportuno, poderanse crear accésits aínda que sen contía económica. O xurado tamén poderá deixar deserta calquera categoría.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



