Barreiros, 31 de marzo de 2020. O Concello de Barreiros vén de anunciar a suspensión da emisión dos recibos municipais correspondentes aos servizos que sofren algún tipo de modificación nestes momentos a raíz da situación xerada polo estado de alarma.
A alcaldesa explica que “se adoptou esta decisión sabendo que a situación que están a vivir moitas persoas é moi delicada tamén no económico” e adianta que “unha vez que sexa posible avaliar as consecuencias e o alcance real desta situación, estudarase a adopción de outras medidas que poidan axudar a sobrelevar as consecuencias que se produzan.”
Polo tanto, as persoas usuarias dos servizos municipais da escola infantil, ximnasio, servizo de axuda no fogar ou aquelas que teñan espazos municipais alugados, non terán que facer fronte ao custo dos mesmos namentres dure o estado de alarma.
“Son servizos que sufriron modificacións na súa prestación a consecuencia do decreto do estado de alarma e, a esperas de saber como se vai poder afrontar a situación que resulte, pareceunos prudente suspender temporalmente a emisión de recibos, ata adoptar as medidas que sexa posible unha vez superada esta situación de crise sanitaria”, afirma Ana Ermida.
Nese sentido, a alcaldesa apuntou que “posteriormente, unha vez que a situación, o seu alcance e os datos poidan estar máis claros, constituirase unha mesa ou comisión, con participación de todos os grupos políticos e tamén asesoramento técnico para analizar propostas e poder adoptar medidas.”
Desde o concello sinalan que “na actual situación de incertidume social e económica e tendo en conta a situación da economía municipal non é posible adoptar medidas máis profundas sen un rigoroso estudo das consecuencias.”
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



