Ribadeo, 4 de abril de 2020. O concello de Ribadeo pon en marcha unha iniciativa para fomentar unha alimentación de proximidade na vila ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronavirus.
Co lema Ribadeo Agroalimentario, por unha alimentación máis próxima as Concellarías de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo xunto coa de Igualdade, Ensino e Mocidade queren poñer en valor o traballo das persoas produtoras e provedoras de produto local ante as actuais circunstancias e animan ao consumo responsable, xusto para as produtoras e sostible ambientalmente. Esta iniciativa aglutina os programas de entrega a domicilio de produtos das praceiras e praceiros do Mercado de Abastos así como das produtoras de horta de Ribadeo.
Para o desenvolvemento desta campaña activouse unha web agroalimentario.ribadeo.gal dentro do portal municipal ribadeo.gal. A campaña está aberta a outr@s produtor@s ou distribuidor@s de produto local que desexen participar. Aquelas persoas que estean interesadas en apuntarse poden escribir un correo electrónico a adl@ribadeo.org
O concelleiro, Pablo Vizoso, salienta que “na actual crise sanitaria, o traballo do sector primario e a súa distribución traballan para provernos de produtos básicos de alimentación sendo ademais unhas das tarefas esenciais que non se poden deter. Ademais, neste contexto de confinamento temos máis tempo para facer a compra, cociñar e avaliar o consumo que facemos. Por iso queremos facer un chamamento ao consumo responsable, xusto para as persoas produtoras e sostible e animamos a participar nesta campaña para poñer en valor a alimentación de proximidade e aos seus profesionais que nestas semanas complicadas traballan e fan un esforzo enorme para coidarnos coma comunidade”.
O edil ribadense anima tamén á cidadanía “a seguir e secundar todas as iniciativas das pequenas empresas e persoas autónomas para así contribuír ás economías familiares consumindo en clave local”.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



