Viveiro, 23 abril de 2020. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, avisou onte de que os concellos non poden destinar os cartos do Plan Único da Deputación para axudas directas a empresas, contrariamente ao que parece estar empeñado en facer ver o presidente do organismo provincial, o socialista José Tomé. O portavoz popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, á vista da situación xerada pola crise sanitaria nos sectores produtivos do municipio reclama á Deputación que deseñe unha liña de axudas a empresas, autónomos, etcétera que faciliten a reactivación da economía en todos os concellos da provincia.
Rodríguez, na liña do exposto polo portavoz provincial do PP, denuncia que realmente a Deputación no aportou nada ao Concello de Viveiro ata agora tanto en relación coa crise sanitaria debida ao coronavirus Covid-19 como ás dificultades económicas que xerou ata agora e que vai xerar no futuro inmediato. Rodríguez critica as declaracións do presidente da Deputación nas que, segundo recolleron os medios de comunicación, facilita aos concellos o uso do Plan Único para paliar os efectos da crise sanitaria. Lamenta que non aclare que eses cartos non poden dedicarse directamente ao apoio do tecido produtivo, algo que si pode facer a Deputación e non fai por máis que o demandan o PP e os sectores económicos.
Rodríguez di que os concellos teñen un papel fundamental para axudar a superar a crise sanitaria e as súas consecuencias económicas, pero a Deputación ten que cumprir coa súa principal obriga e establecer liñas de axuda directa. Recorda que o portavoz popular, Javier Castiñeira, solicita que esa liña de apoio se abra mediante os remanentes da Deputación.
























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincaron as Noites de Futbol na Praia do Torno.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



