Mondoñedo, 26 de abril de 2020. A sétima edición do recital poético-musical Mondoñedo é poesía vai ser, ten que ser por forza, virtual. Será como sempre foi, o 1 de maio, Día das Quendas, mais desta as rúas, prazas e auditorios mindonienses teremos que imaxinalos, cadaquén acomodado alí onde se confinen as nosas vidas pero coa certeza de que os versos e as músicas que nos van ofrecer dúas ducias de poetas veñen repositivados de alivio e boa saúde.
Nunca imaxinamos un recital nun escenario infectado de todas as ausencias, nunca que se lles negase aos versos, como en tantas ocasións nas edicións pasadas, o aplauso entusiasta dunha audiencia fiel e numerosa á que lle estaremos por sempre agradecidos. Poden estar seguros que ningún virus, nin este Covid-19 nin outro capaz de enfermar o mundo, poderá matar a poesía.
MONDOÑEDO é… LUZ
Esta edición vai dedicada a Luz Pozo Garza, in memoriam
Luz Pozo Garza quixera estar e estivo dalgunha maneira no Mondoñedo é poesía 2015. Daquela, dous días antes da data, unha circuntancia persoal impediullo. Agora, tamén en vésperas como en 2015, un contratempo acontecido o pasado día 20 de abril quixo interpoñerse e negarlle a Luz Pozo a posibilidade de acompañarnos.
Desta, equivocouse o deus do destino. Luz, que é e sempre será poesía, vai estar na nosa memoría, vai ser a Luz que ilumine intensamente esta edición tan extraña e insospeitada.
MONDOÑEDO É POESÍA (VIRTUAL) 2020
Neste edición interveñen 24 creadoras e creadores, poetas e músicos como Iolanda Aldrei, Chus Amieiro, Caxigueiro, Marta Dacosta, Alicia Fernández, Miriam Ferradáns, Antonio García Teijeiro, Montserrat González, Mª Xosé Lamas, Martiño Maseda, Rebeca Maseda, Juan Carlos Mestre, César Morán, Carlos Negro, Olga Novo, Toño Núñez, Lois Pérez, Henrique Rabuñal, Manuel Rivas, Lorena Souto, Paloma Suanzes, Eva Veiga, Eduard Velasco e Ana Vila Portomeñe.
AGRADECEMENTOS
Acompañarán as lecturas dos poemas e interpretacións musicais, imaxes coa lembranza dos carteis e publicacións que ilustraron as seis edicións anteriores en agraecemento aos colaboradores gráficos Alicia Puchades, Caxigueiro, Nachok, Ernesto González Torterolo, Xosé Vizoso, Antón Caxoto e J. Pedro Gómez.
E tamén servirá de agradecemento ao profesorado e alumnado da escola Municipal de Música ‘O Pallarego’, ao do CEIP Álvaro Cunqueiro e ao do IES San Rosendo que sempre se volcaron no deseño e montaxe dos marabillosos ‘tendais de poesía’, a Luz Galocha, Mª Paz Rodríguez Silva e Francisco Piñeiro, pola entrega amiga e xenerosa, á Asociación As San Lucas e aos máis de cen nomes de homes e mulleres que nos regalaron o seu talento nestas 7 edicións de Mondoñedo é poesía, que este ano, quere ser, vai ser, será por sempre, sobre todo, LUZ.
Data de emisión: Venres, 1 de maio, ás 16:00h.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



