Ribadeo, 29 de abril de 2020. A Concellaría de Cultura ofrecerá estabilidade á danza na programación do último cuatrimestre do ano. A primeira actuación, prevista para xuño, trasládase ao 20 de setembro.
A edil Pilar Otero contou que “hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Na Concellaría de Cultura temos previsto ofrecer a partir de agora unha mínima estabilidade deste xénero na nosa programación. Para isto, na medida en que a evolución da pandemia o permita, na oferta cultural do período comprendido entre os meses de setembro e decembro xa hai previstas dúas funcións de danza”.
A concelleira de Cultura explicou que “a primeira delas rescátase do deseño cultural deste mes de xuño e trasládase ao 20 de setembro ás 17:30 horas, o habitual nas propostas para os máis pequenos da casa. O título é Blowing, da compañía catalá MúcabDans, unha proposta visual, poética e innovadora, onde a danza, a música en directo e a tecnoloxía convidarán aos nenos e nenas a voar por un mundo fantástico, máxico e absurdo. Esta peza forma parte da adhesión do Concello ao programa Platea, do Ministerio de Cultura, unha colaboración que antes de que remate o ano traerá tres espectáculos máis á nosa vila”.
Otero Cabarcos engadiu que “este interese da Concellaría de Cultura en ofrecerlle estabilidade á danza no deseño das programacións vén motivado tamén por ser esta unha disciplina que se imparte desde 2004 na Escola Municipal de Música e Danza, que conta con 125 alumnas e alumnos matriculados”.
A edil ribadense dixo que “tamén antes de que remate o ano teremos unha segunda proposta de danza para todos os públicos, escollida do catálogo de compañías galegas da Agadic, baixo o criterio da área de danza da EMMeD. Probablemente 2021 será o ano de levar a danza tamén ao alumnado dos centros de ensino, coa idea de democratizar o gusto polo xénero máis alá de que haxa ou non un interese previo”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



