Onte causou impacto -diría que para moitos, demoledor, e para algúns, necesario- a divulgación dos resultados dos test de prevalencia. É dicir, da porcentaxe de xente que está na actualidade ‘inmunizada fronte ó COVID-19’ en España.
Voltando ó inciso anterior, demoledor para algúns pois significou quitar unha Venda que amosaba iso de que imos a mellor como se fora algo absoluto, cando é relativo: imos mellor, pero os perigos seguen a ser moi grandes. Necesario o impacto para outros, pois en desescalada xa sentían como innecesarias as medidas, calquera medida: non imos ben? para que seguir entón con esta tangana de restricións que nos está fastidiando?
Os resultados do test -un test cunha mostra que se pretende aleatoria, e polo tanto, cunha proxección de resultado estatístico- indica que o 5 % da poboación española e o 2,3 % da poboación da provincia de Lugo (2,8 en Ourense, 2,3 en Pontevedra, 1,8 na Coruña) teñen anticorpos.
Unha das cousas que non indican esas cifras é a porcentaxe de xente que pasou a enfermidade, pois pódese ter pasado a enfermidade e non ter desenvolto defensas perdurables. É dicir, Alguén contaxiado cabe que se volte contaxiar de novo, senon ten anticorpos. Así que, vaiamos por partes.
Asumindo unha distribución homoxénea na provincia, en Ribadeo, concello de 10 000 habitantes, estarían inmunizadas unhas 230 persoas, mentres outras 9770 estarían virxes cara á enfermidade (aínda que algunha delas xa teña sufrido a infección).
Antes de tirar adiante, dúas notas:
– Estamos a falar de estatísticas, e de proxeccións, pero iso non impide cousas como que unha soa persoa, en circunstancias adecuadas, poda contaminar centos, mesmo nun período de tempo reducido, e como xa se ten demostrado polo mundo adiante.
– O factor de propagación R indica canta xente, por termo medio, contamina unha persoa contaminada. Se R baixa de 1, a enfermidade tende a ter menos e menos enfermos. Pero é algo estatístico, que entre outros factores depende da cantidade de xente que quede por contaxiar, e que perde o seu sentido cando as cantidades de contaxiados son baixos.
Agora, sigamos.
Ter o 5 % da poboación con anticorpos significa que a poboación que se pode contaxiar é o 95 % do total. Case toda. E tamén que a porcentaxe que pode contaxiar a outros é do 95 %. É dicir, que canto maior sexa a porcentaxe de xente con anticorpos, mellor para o combate contra a enfermidade. En concreto, haberá relativamente menos posibilidade de contaxio. Dicíase que o índice de contaxio andaba arredor de 2,5 (coido que é un número que depende de moitas cousas para tomalo de xeito absoluto, pero imos tomalo como referencia). Ben, iso sirnifica que cada 1000 persoas contaxiarían, nunha situación inicial, outras 2500. Coa taxa de xente con anticorpos do 5 %, habería que descontar esa xente dos posibles contaxiados, logo o número de contaxiados previsible baixaría a 2500*95/100 = 2375. Non é moito, pero é algo. Máis aínda se consideramos que, dun xeito acumulativo, dado ese 5 % de ‘non infectables’, teríamos inicialmente só 950 persoas en troques das mil, o que nos levaría a 2256 no paso seguinte, case un 10% menos que na ‘versión’ inicial. E iso, en só dous pasos (conxunto de relacións de contaxio). Ó longo dunhas cantas series de contaxios, a situación é moi diferente, hai relativamente cada vez menos contaxiados.
Falouse no seu momento de que faría falta un 60 % de xente que xa tivera pasado a enfermidade para ter atallado o risco de ter un pico de contaxiados dun xeito máis ou menos seguro. A afirmación baseábase en que co índice de contaxio inicial R0 = 2,5 e só un 40 % de xente con posibilidade de ser contaxiada, o índice de contaxio actual R baixaría a 2,5*40/100 = 1, e dicir, teriamos domado o número de casos. Reproduciríase, pero sen medrar o número de contaxiados ó tempo. Mais, xa se sabe que ter estado contaxiado antes non ten por que significar ter anticorpos -aínda se descoñecen moitas cousas do virus-, e a cifra de xente con anticorpos é 12 veces máis pequena que o 60 %, a nivel España. Ou sexa, unha situación así de R = 1 sen tomar medidas, está moi lonxe no noso horizonte, por moito que teñamos avanzado algo.
Coido que o resume é doado de facer, sen cifras: Estamos mellor que ó comezo, pero as perspectivas, a nada que nos despistemos, seguen a ser aterradoras.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



