Santiago de Compostela, luns 25 de maio de 2020. “La vuelta voluntaria a las aulas en Galicia no ha contado con un protocolo claro”. Así o asegurou este martes a portavoz de Cs Galicia, Beatriz Pino, ante a volta de parte do alumnado aos colexios por primeira vez desde a declaración do estado de alarma en marzo.
A responsable da formación liberal sinalou a importancia da volta ás aulas duns alumnos que se xogan o seu futuro na próxima EBAU e na súa entrada no mercado laboral. “La brecha digital y la ausencia de un profesor, de forma presencial, hacen que estos alumnos hayan recibido una preparación desigual con la que no se garantiza que todos los alumnos hayan recibido la misma formación académica para afrontar un momento tan relevante en sus vidas”.
Pino alertou da importancia de non baixar a garda e estar atentos #ante o menor sinal dun posible contaxio de calquera destes alumnos que desde hoxe volven ás clases. “Es necesario establecer protocolos para la rápida detección del coronavirus y no arriesgar la salud del resto de alumnos o profesionales de los centros educativos. La vuelta a las clases presenciales no puede ser un motivo añadido de estrés para familias y alumnos”.
A responsable da formación liberal tamén criticou a actuación, neste sentido, do Ministerio de Educación xa que “no puede desentenderse y debe crear un marco de seguridad jurídica a los centros educativos y a las CC.AA para la reapertura”.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



