Lugo, 25 de maio de 2020: A situación de illamento social e inestabilidade económica provocada pola pandemia da COVID-19 está tendo como consecuencia unha gran crise no ámbito da cultura do noso país. Son varias as medidas que están a xurdir, sen dúbida necesarias, e coas que concordamos e apoiamos; pero queremos manifestar e aportar algunhas máis que reflictan as particularidades do sector da música e o baile tradicional en Galicia, que contemple a situación tanto das Asociacións como da diversidade de profesorado, parte do cal non se atopa nunha situación de traballo regulado.
A música e o baile da nosa tradición, dinamizada a través das Asociacións Culturais, representa un motor indispensable sen o cal o sector profesionalizado da cultura sería moito menor. Os colectivos que apoian estas medidas que presentamos, agrupan a máis de 20.000 asociados/as, compoñentes, traballadores/as e alumnos/as que pertencen ou desenvolven o seu traballo en asociacións ou colectivos que ofertan innumerábeis actividades como clases, concertos, espectáculos, festivais, foliadas, seráns, feiras de artesáns, etc., que axudan á conservación e transmisión da nosa identidade e do noso patrimonio cultural inmaterial e que están completamente paralizadas a día de hoxe. Queremos facer fincapé en que a paralización da actividade está a supoñer importantes
perdas na actividade económica, que dificilmente poderá recuperar a súa normalidade sen a axuda da administración e de toda a sociedade galega.
As actividades mencionadas non se contemplan no Plan de Reactivación para os Sectores Cultural e Turístico proposto pola Xunta de Galicia. Por este motivo, solicitamos o compromiso de axuda e colaboración tanto da Xunta de Galicia, como das Deputacións e dos concellos galegos e propoñemos unha serie de medidas establecidas en dúas fases, unha de aplicación urxente e outra aplicable a curto prazo para contribuír ó mantemento e crecemento desta actividade cultural. Ditas medidas son as seguintes:
1. Fase urxente:
• Habilitar axudas económicas de forma inmediata que sufraguen as perdas causadas polo estado de alerta actual para todas as Asociacións Culturais.
• Manter as distintas liñas de axudas, convenios e subvencións dedicadas especificamente ó sector da cultura tradicional nas administracións públicas cunha apertura dun período extraordinario de modificación nos obxectos destas para poder reformulalas e reprogramalas.
• Garantir o acceso a locais de ensaio (ou similares) onde poder manter a actividade das asociacións e os ensaios dos grupos asegurando o cumprimento das medidas sanitarias e de distanciamento social.
2. Fase post-estado de alarma:
• Creación dunha plataforma que aglutinará a todo o sector tradicional para velar polos dereitos e necesidades propias.
• Implementar medidas de promoción e difusión das actividades do sector unha vez rematado o período de confinamento.
• Crear un plan de subvencións para a promoción da contratación de profesorado por parte das Asociacións que permita a regularización da situación laboral de ditas traballadoras e traballadores.
• Crear un plan de axudas económicas ás Asociacións para manter e aumentar a actividade cultural de eventos artísticos e formativos (obradoiros, festivais, mostras, etc.)
• Crear un Observatorio do Baile e a Música Tradicional Galega que recolla anualmente datos de tipo económico e social, o que permitirá coñecer a repercusión do sector no conxunto do tecido cultural e económico.
• Fomentar proxectos de investigación, catalogación e divulgación do patrimonio inmaterial dentro dos Conservatorios Superiores, as Universidades galegas e outras institucións públicas ou privadas que veñen traballando neste eido, coma o Consello da Cultura Galega ou o Museo do Pobo Galego.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



