A Mariña, a 29 de maio de 2020. A CIG salienta que aínda se está a tempo de impedir que Alcoa execute os despedimentos na fábrica de San Cibrao e o plan de desmantelamento do complexo industrial aprobando medidas lexislativas urxentes para recuperar a autorización administrativa dos ERE, tal e como existía antes da Reforma Laboral de 2012; sentar as bases para a creación dunha tarifa eléctrica industrial máis xusta, estábel e predicíbel; e en último termo intervir das plantas de aluminio e que estas retornen ao sector público.
o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, lémbralle ao Goberno español que de ter cumprido as promesas electorais e estar derrogada á íntegra a reforma laboral do PP, nestes momentos a decisión de aplicar un expediente de extinción colectivo non estaría en exclusiva nas mans de Alcoa. Mais en tanto non se avanza neste camiño, a CIG insta o Goberno español a aprobar no inmediato un decreto (ao igual que fixo co articulado referido aos despedimentos por baixas de curta duración) para retomar a normativa anterior a 2012, que establecía a autorización administrativa previa para que as empresas puideran aplicar un ERE.
Ademais, ante a crise industrial que atravesa Galiza, faise necesario aprobar de urxencia medidas para crear unha tarifa industrial en base ás alegacións sindicais presentadas ao proxecto de estatuto do consumidor electrointensivo, que nos dote dunha tarifa máis xusta, estábel e competitiva, que non estea condicionada ao que se aprobe nos Orzamentos Xerais do Estado e conte coas medidas complementarias suficientes.
Neste senso, cualifica de “absoluto despropósito” que Galiza, sendo excedentaria na produción de enerxía e soportando os custes sociais e ambientais que ten esta actividade vexa ameazado o futuro da industria do país por culpa do alto prezo da enerxía. Por iso, reclama dos Gobernos a recuperación do control público do prezo da enerxía “e afrontar unha transición enerxética de maneira que sexa realmente xusta tanto social como territorialmente”.
Así mesmo, para evitar os despedimentos, a CIG defende na necesidade de intervir as plantas de aluminio galegas e que estas retornen ao sector público, onde naceron. “Esta intervención non só é legal, senón que ten precedentes noutras fábricas similares de Europa, permitiría salvagardar o postos de traballo e a actividade produtiva, preparar un plan industrial de futuro e que a os beneficios da produción de aluminio quedaran aquí e non foran para engordar os petos dos accionistas norteamericanos”, afirma.
Finalmente, a CIG demándalle a Alcoa que reitere de inmediato a súa proposta en tanto non se leve adiante toda a axenda que se acordou na mesa multilateral creada o pasado 23 de xaneiro para abordar a problemática do complexo de San Cibrao. “Ademais, tendo en conta as millonarias axudas recibidas, nun momento tan crítico como o actual, Alcoa debe facerse cargo dos datos económicos que traslada, que a CIG pon en cuestión, e suspender calquera plan de recorte en San Cibrao”, apunta Carril.
“Non é xusto que os traballadores e as traballadoras sexan as vítimas das decisións de Alcoa, máis aínda despois das intensas mobilizacións e presións que estiveron realizando na demanda dunha nova regulación do marco enerxético”, sentenza.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



