Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, abriu hoxe o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Mondoñedo, ao abeiro do Programa Rexurbe.
Trátase da primeira vez que se realiza neste concello unha oferta pública destas características por ter xa a declaración de Área Rexurbe, recollida na Lei de rehabilitación de Galicia, e moi avanzada a redacción do Plan de dinamización.
Segundo consta na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destina 300.000 euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños.
Todos aqueles propietarios que estean interesados en presentar as súas ofertas á Administración galega dispoñen ata o 25 de agosto para achegar as mesmas. Cómpre recordar que a oferta pública do Programa Rexurbe lanzada pola Xunta neste ano ascende a 1,5 M€ para adquirir inmobles na Coruña, Mondoñedo e Ribadavia e da continuidade á realizada en 2018 e 2019, polas cales se adquiriron 37 inmobles nos concellos de Betanzos, Ferrol, Lugo, Ourense, Ribadavia e Tui.
Este é un novo esforzo do Instituto Galego da Vivenda e Solo para adquirir inmobles en conxuntos históricos para poñer en valor os conxuntos históricos de Galicia. No caso concreto da oferta de 2020, esta está dirixida a ámbitos urbanos dos conxuntos históricos da Coruña, Mondoñedo e Ribadavia, por ser concellos que xa están a traballar -ou están en fase avanzada de elaboración da documentación para a súa declaración- nunha Área Rexurbe, tal e como se recolle na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
Dentro de cada un dos ámbitos seleccionados establécese como obxectivo actuar preferentemente nas zonas onde exista un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono, procurando concentrar as intervencións para conseguir un maior impacto na rexeneración urbana.
Unha vez adquiridos os inmobles, o Instituto Galego da Vivenda e Solo procederá á súa rehabilitación e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública e destinadas ao alugueiro.
Os edificios ou parcelas que se adquiran no marco deste oferta pública deberán reunir uns requisitos mínimos que permitan:
– Que as novas vivendas, froito da actuación, reúnan as condicións óptimas dende o punto de vista do confort e habitabilidade.
– Non deben estar afectados por servidumes ou cargas que podan facer inviable a actuación.
– Que os custos da rehabilitación non resulten desproporcionados.
Segundo as estimacións realizadas polo IGVS, os 1,5 millóns de euros da actual convocatoria permitirán adquirir uns 25 inmobles, para habilitar máis de 50 vivendas, aínda que o número definitivo dependerá dos inmobles que finalmente se compren e dos proxectos construtivos e de rehabilitación de cada un. En todo caso, as vivendas resultantes pasarían a incrementar o parque de vivendas de promoción publica do IGVS, que serían adxudicadas a outras tantas familias contribuíndo a fixar poboación nestes conxuntos históricos e á súa dinamización e rexeneración urbana.
Así mesmo, en caso de que unha vez resolta o oferta pública queden dispoñibles parte dos fondos destinados a este concello, esa contía podería redistribuírse entre os outros municipios incluídos no programa Rexurbe co fin de adquirir máis inmobles para rehabilitar.
























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



