
11,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, comparecerá a petición propia na Deputación Permanente para informar sobre a situación actual da fábrica de Alcoa en San Cibrao.
foto xoán crespo
04/06/2020
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu hoxe que aínda hai alternativas para garantir a actividade e o emprego en Alcoa San Cibrao se o Goberno aproba definitivamente o Estatuto para os consumidores electrointensivos e un plan específico para o sector. Así o manifestou nunha comparecencia a petición propia na Deputación Permanente para abordar a situación que atravesa a factoría da Mariña luguesa.
Conde avogou por que o Goberno destine parte dos fondos de reconstrución económica previstos pola Unión Europea a un plan de investimentos propio para a industria electrointensiva. Un plan que permita modernizar e impulsar o conxunto de empresas electrointensivas e salvagardar os postos de traballo que dependen dela.
O conselleiro defendeu que outro dos instrumentos que o Goberno ten ao seu alcance para dar alternativas de futuro ao sector é aprobar definitivamente o esperado Estatuto para os consumidores electrointensivos, que debe fixar un prezo eléctrico estable e competitivo. Segundo explicou, España parte nunha clara desvantaxe porque, antes de impostos, o prezo eléctrico segue a ser moi superior ao de Alemaña ou Francia. En concreto, o MWh está entre 10 e 8,3 euros por riba, respectivamente. Unha diferenza que se ve aínda máis lastrada pola falta de incentivos reais na parte regulada da factura.
Por este motivo, considerou que o estatuto debe recoller medidas de carácter fiscal, como a supresión do imposto do 7 por cento á xeración eléctrica a todos os consumidores e a supresión do céntimo verde ao carbón. Tamén a redución de cargas e peaxes recollidos nas tarifas de acceso para axustar os custos do transporte ao resto de países europeos. Ten que ampliar as axudas compensatorias por custos de emisións indirectas de CO² que, con 6 millóns de euros convocados para este ano son insuficientes. Fomentar a contratación a longo prazo de enerxía eléctrica a través dos chamados acordos bilaterais e, ademais, incorporar a categoría de consumidor hiper-electrointensivo.
Conde lembrou que Galicia, os gobernos de Asturias e Cantabria e o propio sector, presentaron alegacións ao borrador de estatuto elaborado ata o de agora polo Goberno porque, entre outras cousas, non garante que o prezo non supere os 35-40 euros/MWh ou porque incrementa o número de posibles empresas beneficiarias de 119 a 612, o que prexudica á industria que consome máis electricidade, como é o caso da industria electrointensiva galega.
Convocar unha nova poxa máis sensible ás necesidades da industria
Neste sentido, subliñou que é necesario que a poxa de interrompebilidade que se convoque para o segundo semestre do ano sexa máis sensible ás necesidades da industria porque a que está en vigor é a máis baixa da historia: unicamente se ofertan 1000MW e se eliminaron os bloques de 90MW que son polas que poxan as grandes empresas como Alcoa.
Activando todos estes mecanismos, dixo, o Goberno ten marxe de actuación para garantir o futuro do sector. En palabras de Conde, só fai falta vontade política porque, de non ser así, dixo, España e Galicia pasarán de ser produtores a importadores de aluminio, o que encarecería os prezos e rompería a cadea de subministración. Suporía o fin dun sector que, paradoxicamente, se considera esencial neste estado de alarma, observou.
Na súa intervención o conselleiro lembrou, tamén, o compromiso da Xunta coa comarca da Mariña e, concretamente, co desenvolvemento da planta de Alcoa San Cibrao, co apoio ao gasoduto ou con axudas para reconverter os fornos da planta de alúmina de fuel-oil a gas natural.
Xuntanza co comité de empresa de Alcoa San Cibrao
Para concluír, reiterou a vontade da Xunta de seguir traballando ao lado do Goberno na busca de solucións e facéndose eco das demandas dos traballadores desta industria, para o que solicitou o compromiso de todos os grupos da Cámara. Nese sentido, apuntou que hoxe mesmo vao manter unha xuntanza co comité de empresa de Alcoa para avaliar a situación das factoría e trasladarlle de novo o apoio da Xunta.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



