Compostela, 4 de xuño de 2020. Galicia en Común-Anova Mareas criticou este xoves que o único interese que ten Feijóo pola situación da planta de Alcoa San Cibrao é empregala para facer campaña electoral, en lugar de ofrecer solucións ante a perda de máis de 500 postos de traballo directos e outros tantos indirectos.
A voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, denunciou na sesión da Deputación Permanente da Cámara que o presidente da Xunta se agoche detrás do conselleiro de Industria e non acode a explicar a situación da planta de San Cibrao.
“Non ven porque non ten unha soa proposta concreta que poñer enriba da mesa, porque non sería quen de explicar por que en 11 anos non fixo nada”, indicou.
Chao, número dous pola A Coruña aos comicios do 12X, lamentou o comportamento de Feijóo durante as últimas semanas nas que en lugar de asumir responsabilidades polas consecuencias da pandemia en asuntos como o acontecido nas residencias de maiores, “dedicouse a dar mítins na televisión pública. Se hoxe tampouco está aquí, será simplemente porque segue en campaña electoral. Como estivo todo este tempo”, remarcou.
Xa na resposta á intervención do conselleiro de Industria, Chao trasladou o apoio de Galicia en Común aos traballadores e traballadoras de Alcoa e ás súas familias, e o compromiso da formación polo mantemento dos postos de traballo, lembrando que “as nosas compañeiras e compañeiros foron imputadas por defender algo tan esencial como o dereito ao traballo”. Incidiu, ademais, en que “lamentablemente a situación desta empresa non é nova, levamos anos sen que o goberno de Feijóo fixera absolutamente nada”.
A voceira chamou a non pasar por alto a responsabilidade do Partido Popular para chegar ata este punto, xa que “o cerne do problema é a venda da pública INESPAL a prezo de ganga en 1998 cando gobernaba o señor Aznar no Estado”. Ademais, “foi o PP quen lexislou o mercado eléctrico español para asegurar pingües beneficios aos seus amigos, que logo llos pagaron con cómodo asentos nos seus consellos de administración. Deses lodos, desa corrupción legalizada, dese capitalismo de amiguetes desde o BOE, tanta precariedade, dor e desemprego”, suliñou.
Polo tanto, afirmou, “a xente non vai esquecer que o PP leva once anos gobernando este país sen poñer enriba da mesa ningunha solución para Alcoa, nin que regalaron a empresa aos seus amiguetes a prezo de saldo”.
Chao tamén considerou que “ningún goberno pecha Alcoa, esta é unha decisión empresarial, pero é inaceptable porque se toma sen importar as consecuencias e temos que actuar”.
Neste sentido, sinalou que as deficiencias na actuación da Xunta vense en cuestións como os orzamentos, xa que en 2020 “a dotación deste grupo de políticas segue a estar un 21% por debaixo das dotacións previas á chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta. Nos últimos anos, a Consellería de Industria vén ocupando, sistematicamente, o primeiro lugar no podio da inexecución dos orzamentos da Xunta. Só o ano pasado, quedaron sen executar case 200 millóns de euros na súa Consellería”.
Como consecuencia desta xestión, “non é de estrañar que durante os mandatos de Feijóo teñamos 20.000 empregos industriais menos na nosa Comunidade”, afondou Luca Chao. “Vostedes nunca tiveron unha política industrial para este país, recortaron os fondos en investigación e innovación tecnolóxica, non executan os orzamentos e sempre botan balóns fora cando se produce un problema, pero teño que lembrarlle que a Xunta ten competencias en materia de política industrial, artigo 30 do Estatudo de Autonomía, e non pode mirar para outra parte” concluíu.
Fronte a isto, convidou o conselleiro a sumarse ás propostas que leva feito Galicia en Común para achegar solucións, como a vinculación das axudas públicas industriais ao mantemento do emprego. Chao lembrou que o PP votou en contra cando se tratou esta medida no Parlamento “porque entre os beneficios empresariais e os dereitos das traballadoras e traballadores deste país vostedes sempre se poñen do mesmo lado”. Do mesmo xeito, instou a Xunta a apoiar o Goberno do Estado na petición de responsabilidades a Alcoa polas axudas de 38 millóns de euros que recibiu para manter o emprego.
A voceira tamén avogou por unha intervención pública para garantir os postos de traballo a través dun plan de rescate para a comarca da Mariña que permita a diversificación do emprego industrial de calidade. “Nós estamos a favor da intervención pública da economía para blindar ese emprego. A súa historia, pola contra, é a de intervir a economía para vendela a trozos aos seus amigos”. Todas as medidas propostas quedaron sen resposta por parte do titular de Industria.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



