Lugo, 2 de xullo, 2020. O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, confirmou á saída da nova xuntanza empresa/traballadores que a multinacional segue co ERE malia que os informes técnicos presentados non satisfacen á plantilla. O comité presentará un contrainforme puntualizando algúns dos puntos máis conflitivos e poñendo solucións.
Zan avanzou que o martes manterán un encontro co secretario xeral de industria do Ministerio, Raúl Blanco, que abre unha xanela de esperanza sobre movementos de última hora dende Madrid para desencallar a situación de enrocamenteo que vive agora mesmo a empresa. Esta xuntanza, ó xuízo de Zan ven motivada polo movemento social a prol do emprego que está a presentar, non só os traballadorxs, senón a comarca enteira.
