Lugo, 2 de xullo. O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, reclamou hoxe un cambio de modelo das residencias de maiores do país que camiñe cara un sistema “público, xusto e digno” para as vidas dos nosos mairores, particularmente importante nunha das provincias mais envellecidas do Estado.
Foi unha das conclusións da reunión celebrada no edificio sindical da Ronda da Muralla de Lugo, no que estiveron presentes os principais sindicatos con representación nas residencias privadas da provincia, que lle trasladaron a Fernán Vello os problemas máis acuciantes cos que se atopan no día a día no seu traballo.
Entre estes atópase a falta de material axeitado para persoas con problemas de mobilidade, a escasez de persoal que provoca unha sobrecarga de traballo que difícilmente poden asumir e, incluso, problemas derivados de unha mala praxe á hora de alimentar aos internos, situación que calificaron de “inhumana”.
Miguel Anxo Fernán Vello, ante os problemas dos traballadores e traballadoras, asegurou que “temos que apostar por residencias públicas, as mellloras na dotación de persoal asitencial e así evitar os problemas derivados da actividade profesional e as enfermidades profesionais.
Por outra banda, en canto á situación xeral das residencias de maiores privadas en Galicia, o candidato da coalición indicou que “temos que apostar por mellorar as condicións xerais de atención dos residentes tanto no plano físico, como no sanitario e alimentario. E crear, de forma urxente, un modelo xusto, eficaz e digno que respecte en todo momento a dignidadee a vida dos nosos maiores”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



