Ribadeo, 2 de xullo, 2020. A coordinadora do rural do PP ribadense, Montse Seijo, non entende a decisión do goberno local de eliminar o servizo de conexión a internet nos locais públicos das parroquias. A popular defende que “é intolerable que Ribadeo non dispoña destes servizos nos tempos en que vivimos. A eliminación da conexión a internet nos locais públicos das parroquias ribadenses é unha mostra do pouco que lle interesa o rural ao goberno local”, manifesta.
Montse Seijo explica que “son moitas as asociacións que desenvolven numerosas actividades nos locais públicos das parroquias ribadenses” e, polo tanto, “é imprescindible que estean dotados de equipos informáticos para continuar a levar a cabo as súas actividades”.
É máis, os populares, na súa defensa de servizos para o “abandonado rural ribadense” por parte do goberno local, indican que as dotacións de materiais para o desenvolvemento das actividades socio-culturais das parroquias debe ser maior.
O PP ribadense propón entón aumentar estas dotacións para contribuír a que tódolos veciños e veciñas conten cos mesmos recursos. Seijo demanda ao goberno local que “poña a disposición das distintas parroquias equipos integrados por proxectores e pantallas”. Así, segundo asegura a popular “o rural contará con equipos técnicos” no seu entorno próximo e “con varias unidades garántese que se poidan celebrar varios eventos de forma simultánea nas distintas parroquias sen problemas de dispoñibilidade do material”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



