Lugo, 6 de xullo, 2020. O presidente da Deputación, José Tomé (PSOE), convocou unha reunión telemática con alcaldes da Mariña para tratar sobre o rebrote de contaxios de covid-19. O portavoz do grupo provincial popular, Javier Castiñeira, expresa a súa sorpresa “por esta citación do goberno Deputación a alcaldes da Mariña”; é unha sorpresa, explica Castiñeira, porque esta iniciativa é totalmente contraditoria coa “política desenvolvida polo presidente Tomé durante os peores momentos da pandemia”. O máximo responsable da Deputación rexeitou entón reunirse con alcaldes e concelleiros de toda a provincia, “cando a poboación, máis de 330.000 persoas, estaba confinada, había moitos lucenses hospitalizados e as residencias vivían o seu peor momento”. Remarca Javier Castiñeira que, nesas durísimas circunstancias, o socialista José Tomé “non quixo reunirse cos partidos políticos para tratar de buscar un plan común, rexeitou a proposta do PP para convocar á xunta de portavoces e tampouco quixo deseñar un plan poscovid, proposto tamén polo PP, para axudar a empresas e autónomos”. Castiñeira cre que se Tomé convoca agora aos alcaldes é para tratar de sacar rendemento político.
Castiñeira declara: “Respectaremos estritamente os criterios da Consellería de Sanidade, que está tomando as medidas que entende necesarias; o que ten que primar a día de hoxe é a saúde dos nosos veciños. Hai un brote na Mariña e a poboación debe tomar as medidas que indica a Consellería de Sanidade para evitar contaxios”.
O portavoz provincial dos populares lanza “unha chamada de atención ao goberno da Deputación, porque non pode dar leccións de xestión en relación coa covid-19 despois do que pasou neste meses”. Di Castiñeira: “Tampouco nos gusta a actitude dalgúns membros do BNG, en concreto de Antón Veiga, concelleiro de Barreiros, que culpa directamente aos alcaldes do PP na Mariña por non responsabilizarse, cando é totalmente ao contrario; neste caso non hai ningún tipo de perfil político: entendemos que todos os alcaldes están actuando para tratar de dar respostas eficaces nas actuais circunstancias e coa máxima dedicación posible”. Castiñeira considera que “non se pode banalizar unha cuestión coma esta como fai o BNG no día de hoxe, intentando sacar rédito político dunha situación sanitaria que afecta a A Mariña e que entre todos imos a controlar para saír adiante”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



