Nota de prensa
O GPPP pide á Deputación que subvencione a instalación de TDTs por satélite naquelas viviendas que non a reciban pola vía terrestre
Lugo, a 4 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular rexistrou onte na Deputación unha moción na que insta a esta administración a financiar todas as operacións necesarias para garantir o acceso á TDT na provincia de Lugo, subvencionando a instalación deste sistema por satélite naquelas vivendas que non teñen acceso a este servizo pola vía terrestre.
Argumentan os populares na súa proposta que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Xunta de Galicia asinaron un convenio marco de colaboración para a extensión da cobertura da TDT no medio rural, que contempla únicamente os investimentos de telecomunicación necesarios para a dixitalizar 300 microemisores de tv analóxica que tiñan instalados os concellos, cubrindo as entidades de poboación máis importantes. Unha vez rematado este proceso, Galicia acada unha cobertura da TDT que supera o 98% da poboación, quedando vivendas e familias en zonas onde a cobertura terrestre non chega coas condicións necesarias.
Suliñan ademais que os concellos tamén están a asumir unha parte importante deste proceso, xa que son os que financian as infraestructuras que soportan os repetidores da extensión da cobertura da TDT no eido rural, mediante acometidas eléctricas, torres, solados de formigón e castas.
A solución para a universalización da cobertura da TDT, para chegar a tódalas casas e familias, independentemente de onde vivan, e ó mesmo custe, vén a través da Lei 7/2009, que obriga ás televisións de ámbito nacional a emitir por unha única plataforma de satélite os mesmos contidos de TDT que tiñan emitido pola vía terrestre. Esta solución consiste, a través dun instalador rexistrado polo Ministerio de Industria, dunha antena parabólica e un receptor de TDT por satélite, cun custe aproximado de 300 euros, que defiren dos receptores e adaptadores de TDT convencionais.
A Xunta de Galicia vén de anunciar a este respecto a convocatoria de axudas para sufragar os gastos das familias consideradas en risco de exclusión social que vivan en zonas onde non chega a cobertura terrestre de TDT, para a recepción da TDT por satélite, que consistirán na entrega de todo o material necesario para a instalación e a recepción da TDT nestes fogares.
Suliñan os populares na súa moción que algúns concellos, como Cervo ou Xove, xa anunciaron tamén a subvención destas instalacións de TDT por satélite para as vivendas do seu concello que non reciben o sinal por medios terrestres, pero a maior parte dos concellos do rural, os menos poboados, os que teñen menos recursos, non parecen ter capacidade para axudar a instalación da cobertura de TDT ó 100 % no seu territorio mediante a instalación da recepción satelital.
Aínda así e todo, son moitos os concellos de Lugo que contan con ducias de familias sen acceso á TDT, que non forman parte dos colectivos en risco de exclusión social e que teñen dificultades económicas para sufragar os gastos derivados das instalacións de TDT por satélite.
POSTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO.-
As deputacións provinciais, segundo indican os populares, son unha parte da administración local, que debe cumpre co obxectivo fundamental de axudar ós concellos que menos recursos dispoñen para o desenvolvemento das infraestructuras e servizos para a poboación, nembargantes no eido do despregamento da TDT no rural é a única administración que non está aportando recursos e colaborando na búsquela de solucións a este problema.
Antes de iniciarse o Plan Nacional de Transición a TDT, a Deputación de Lugo tiña anunciado que se faría cargo da dixitalización de toda a rede de televisión analóxica no rural, proceso que foi sufragado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, e que non supuxo ningún custe para a Deputación, por esta razón entenden os populares que perfectamente pode agora asumir o custo derivado de subvencionar a instalación deste sistema por satélite naquelas vivendas que non teñen acceso a este servizo pola vía terrestre.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



