Burela, 24 de xullo, 2020. O internacional David Pazos Fuentes (Ames, 1993) tamén regresa a Galicia para sumarse á Familia Laranxa. Procedente do Aspil Jumper Ribera Navarra, o ala coruñés, que selou o seu compromiso co Pescados Rubén Burela ata 2024, convértese no segundo reforzo mariñán, tras o pivote de Arzúa Diego Quintela.
“Tiña moitas ganas de volver competir en Galicia, de estar preto da miña familia e a miña xente. Ademais estou especialmente ilusionado por poder retomar citas como a Copa Xunta, logo de estar varios anos lonxe. Síntome moi identificado co fútbol sala do Pescados Rubén e co seu proxecto, comparto plenamente os valores que se traballan desde o club” explicaba o novo 20 burelista, logo de seis anos fóra nos que defendeu as cores de Movistar, Palma e Aspil.
“Levamos moito tempo parados; estamos afeitos a vivir cun ritmo de competición e esixencia alto e iso bótase de menos” confesaba a ala a súa sede de volver ás pistas. Tan só queda un par de días para que o novo proxecto bote a rodar, cun David Pazos plenamente implicado en “darlle continuidade ao traballo do club dos últimos anos e poder manter o equipo entre os mellores”.
“Esperamos contar co apoio do público na bancada axiña, pero o máis importante é a saúde. Está na man de todos e cada un vencer esta adversidade. A xente da Mariña soubo responder con esa responsabilidade para frear o brote. Todos temos que saber adaptarnos a esta nova normalidade e combatela, porque será a tónica deste ano; no deporte temos que ser os primeiros en dar exemplo”, así se mostraba o ala de cara á volta aos pavillóns.
Con Pazos serán 8 os xogadores galegos do novo proxecto do Pescados Rubén, junto a Edu, Lucho, Iago Míguez, Álex Diz, Renato, Pitero e Quintela, nun cadro que completan Matamoros, Michal Kaluza e Eto’o.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
