Lugo, 13 de agosto de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario da Fundación Campus Universitario de Lugo, Jaime Luis López Vázquez, renovaron este xoves no Pazo de San Marcos o acordo a través do que a institución provincial achega 12.000€ para o financiamento dos gastos derivados dunha nova edición do máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio.
O Presidente sinalou que a Deputación colabora con organización destes estudos de posgrao porque “cremos que a educación é o mellor investimento de futuro. Seguiremos na nosa liña de promover Lugo como un destino universitario”.
O máster Paulo Fabio realízase na Escola de Relacións Laborais e trátase dunha formación para dotar ao alumnado das competencias en Dirección de Recursos Humanos, dirixida especialmente a titulados universitarios e alumnos matriculados en 3º Grado que queiran rematar os seus estudos, ademais de co seu titulo de grao, con este máster.
Os estudos, que se desenvolverán entre o vindeiro mes de outubro e xuño de 2021, conta con dúas modalidades, semipresencial ou online, de 575 e 500 horas de duración, respectivamente. O prazo de matrícula estará aberto entre o 1 e o 30 de setembro. A presentación de solicitudes pode facerse na secretaría da Escola de Relacións Laborais ou no seguinte enlace: https://relacioneslaboraleslugo.com/es/master-en-direccion-de-personas-paulo-fabio/





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



