Este calexón, que une a Rúa da Praia coa Rúa Atalaia, é un dos máis antigos de Celeiro e as súas escaleiras, construídas a mediados dos anos 60 –xa que nos seus inicios era unha rampa con moita pendente-, atopábanse bastante deterioradas. Coa execución destas obras o goberno municipal pretende que os veciños e veciñas que transitan por este calexón poidan facelo nunhas mellores condicións, con maior comodidade e menos perigo, especialmente nos meses de inverno e outono, cando o piso está húmido debido ás choivas.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



