Burela, 26 de agosto de 2020. As axudas do Concello de Burela para os empresarios do municipio que tiveron que cesar a súa actividade pola pandemia do Covid 19, que ascenden a 125.000 euros, poderán solicitarse a partir do vindeiro luns, día 31. As bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na sede electrónica do Concello este venres, día 28.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, anunciou hoxe que “unha vez culminadas todas as fases normativas ás que había que someter as axudas a autónomos, empresarios, comerciantes, de hostalería e de calquera outro ramo de Burela polos efectos do Covid 19, este venres, día 28, van saír publicadas no BOP as bases que regulan estas axudas. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais e remata o 17 de setembro, así que os interesados deben darse présa. A presentación se son persoas xurídicas pódese facer exclusivamente de forma electrónica e as persoas físicas, como os autónomos, poden presentalas tamén de forma presencial, no Concello”.
O rexedor municipal destaca que “a contía final logrouse que sexan 125.000 euros para estas axudas e o máximo individual será de 700 euros para garantir que todo o mundo poida ter unha oportunidade de acceder a estas axudas, que serán sobre todo para gastos de alugamento de locais ou de funcionamento, como lixo e auga, pero tamén inclúen outros gastos como adquisición de material consumible para desinfección e de equipos de protección individual derivados da pandemia. Tamén hai axudas para as cotas do réxime correspondente da Seguridade Social ou mutua profesional. Ou sexa que é un abanico grande o que hai para pedir estas axudas. Cada unha delas ten unha porcentaxe que loxicamente está en función da normativa”.
Alfredo Llano explica que “os requisitos para ser beneficiarios veñen recollidos nas bases da convocatoria, pero o máis importante é que teñen que ter cesado a súa actividade por verse afectados segundo o disposto no Real Decreto publicado naquel momento. Ou sexa que quen solicite a axuda evidentemente tivo que ter un peche da actividade, o que se explica perfectamente nas bases. A partir deste venres, cando sairá publicado no BOP, tamén estará colgado na sede electrónica do Concello de Burela. E a partir do luns xa se poderán solicitar”.
O alcalde engade que “isto é algo que o Concello de Burela procurou facelo da mellor maneira e o antes posible, pero hai moitos requisitos que hai que levar a cabo para que por fin culmine no que se vai facer agora, que é a publicación oficial. E desta maneira o Concello de Burela colabora cos pequenos comerciantes, cos autónomos, coa hostalería, coa restauración, etcétera, para minguar o ocasionado pola pandemia do virus. Así que quero motivar a todo o mundo que vexa que pode solicitar estas axudas que o faga a partir do luns día 31”.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



