Lugo, 27 de agosto de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves un convenio de colaboración co presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti, Jesús Vázquez, para continuar apoiando ao colectivo no seu funcionamento e nas actividades e programas que desenvolve ao longo do ano con 40.000€.
“A Deputación con este convenio fai un importante esforzo económico para apoiar o labor da Federación porque cremos que o movemento asociativo en xeral é un piar fundamental da democracia e o seu papel resulta esencial para que a sociedade prospere de maneira xusta”, explicou Tomé Roca. Actualmente, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo representa a máis de 20.000 socios agrupados en case 300 asociacións de veciños federadas de toda a provincia.
O mandatario provincial tamén subliñou que as asociacións de veciños “son un activo que está sempre no terreo, articulando e facéndonos chegar aos representantes públicos as demandas e as propostas que son necesarias para mellorar a vida da cidadanía”. Por esa razón, manifestou que a Deputación de Lugo “mantén unha relación próxima e fluída coa Federación porque, traballando xuntos, institucións e cidadanía, é a mellor forma de conseguir resultados”.
Tomé Roca puxo exemplos de colaboración entre ambas entidades, como as reivindicacións tanto en materia sanitaria, sobre todo dos servizos de Hemodinámica 24 horas, Medicina Nuclear e Radioterapia para o HULA, como de servizos para o rural, de servizos ferroviarios ou mesmo na creación dunha Autoridade Portuaria propia para a provincia, entre moitas cuestións relevantes para o futuro da provincia.
O convenio servirá para axudar ao pagamento de gastos de mantemento do local social, do persoal e de actividades medioambientais, promoción de produtos, organización de xornadas sobre temáticas de interese para a poboación da provincia e, entre outros aspectos, campañas de promoción do comercio local.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



