Ribadeo, 28 de agosto de 2020. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, fixo un balance moi positivo do IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que esta noite remata en Ribadeo. A asociación premiou a Industrial Recense, Carrocerías Hermanos Rega, Agacal e Seguros Óscar García Teijeria polo seu apoio. Foi no transcurso da cea celebrada onte, xoves. APAGA decidiu poñer en marcha estes galardóns na súa última asemblea xeral.
Para Álvaro Doural “dada a situación e o momento que vivimos, creo que o balance deste Fórum é moi positivo. Aínda que nesta edición non temos o número de participantes de anos anteriores, pero a calidade das ponencias segue mantendo un alto nivel e está claro que este novo sistema de traballo quizás se vaia quedar. Eu creo que foi un acerto importante meter actividades lúdicas, e quizáis foi un programa un pouco sobrecargado de actividades, pero penso que os participantes están francamente moi contentos da actividade. Agora hai que seguir traballando por todo isto, que eu creo que merece a pena. Todo isto ven a indicarnos o camiño a seguir: isto non pode parar e debemos seguir traballando aínda que as circunstancias ás veces son difíciles e complexas e sempre un está con certo temor de que poida haber algún problema de contaxio, pero tomando as medidas de seguridade e de hixiene oportunas non ten por qué pasar nada”.
O presidente de APAGA tamén se referiu á asemblea xeral da asociación, que se celebrou onte pola tarde: “decidimos crear unha nova iniciativa, que son os premios e recoñecementos a determinadas entidades polo seu apoio á labor que está desempeñando APAGA. Son empresas e entidades de aquí, da zona, e algunha tamén externa. Onte á noite recoñecemos xa a catro institucións e empresas: por una parte Carrocerías Hermanos Rega, Industrial Recense, Agacal (departamento de Consellería de Medio Rural) e tamén á empresa Seguros Óscar García Teijeira, que colabora desde o inicio deste Fórum con nos. Na asemblea de onte presentamos tamén o esquema de traballo e de proxectos de 2020-2021 e rendéronse as contas, como todos os anos, do exercicio do ano pasado, de 2019 neste caso, que é o exercicio que está pechado. Así mesmo expúxose cómo está todo o que son os proxectos Erasmus, afectados polo covid-19. Nesta asemblea os socios tamén propoñen algunha cousa novedosa. O ano pasado propuxeron que neste 2020 houbera unha parte lúdica e así se fixo coas saídas que realizamos estes días”.
Os galardóns entregados onte á noite foron recollidos por Luis Ansedes, de Industrial Recense; Eduardo Rega, de Carrocerías Hermanos Rega; Óscar e Eliseo García Teijeira, de Seguros Óscar García Teijeira; e Manuel Rodríguez, director de Agacal.
Hoxe, venres, terá lugar a presentación do Porsche Taycan na explanada do Porto de Rinlo ás 21:00 horas, seguida dunha cea coa que concluirá o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Esta mañá houbo charlas, pola tarde seguirán os obradoiros e tamén haberá un paseo en tren turístico pola vila de Ribadeo.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



