Lugo, a 29 de agosto de 2020. Seguindo a rolda de reunións nas agrupacións locais, a presidenta provincial do PP, Elena Candia (deputada autonómica), mantivo un encontro en Chantada, na tarde-noite do venres, cun grupo de traballo do partido. Agradeceu o seu esforzo aos afiliados que exerceron como apoderados e interventores populares nas pasadas eleccións autonómicas, e tamén a cantos desenvolveron esas mesmas tarefas en toda a provincia, un traballo aínda máis difícil no marco da pandemia. Tamén expresou o seu agradecemento a todos os militantes de base que fan, sen recibir remuneración algunha, o traballo que esixe toda campaña: ensobrado de papeletas, pegada de carteis, colaboración no desenvolvemento de actos, etcétera. Recordou que, pasadas as eleccións, iniciou a visita ás agrupacións, nas que, como o deste venres, se celebran actos de asistencia reducida, porque “o primeiro é a saúde e respectar as normas sanitarias”, algo no que chamou aos populares a ser exemplares. No encontro cos populares chantadinos, Candia dixo entre outras cousas: “Temos que xestionar ben o éxito electoral, traballando con unidade e antepoñendo os intereses dos cidadáns”.
“Veño a Chantada a dar as grazas, porque a provincia de Lugo tivo un resultado moi bo; por primeira vez fomos o primeiro resultado de Galicia e niso ten moito ver un gran líder”. Destacou a importancia simbólica de Chantada para o PP de Lugo, porque “é a alcaldía máis grande que temos na provincia”.
Candia fixo un chamamento a xestionar este éxito electoral “para traballar para as seguintes eleccións e especialmente naqueles sitios nos que estamos na oposición”. Como deputada, dixo, “teño que facer oír a voz da provincia no Parlamento; esa será a miña responsabilidade e póñome a vosa disposición”. Expresou a súa total disposición como presidenta provincial do partido e como deputada “para construír xuntos e para falar das cousas do partido, de proxectos e de investimentos”. É preciso, dixo, traballar xuntos porque “ vén un momento moi complicado, hai moitos negocios que teñen neste momento un futuro moi incerto, coa economía baixando en porcentaxes brutais”. No plano político, destacou que, a pesar da dificultade do momento, “a oposición non da tregua”. Considera que “é o momento de sumar e de axudar no que se poida”.
Unha vez máis, recordou que desde que asumiu a presidencia provincial, o seu obxectivo é conseguir que o PP de Lugo “sexa un partido vivo, no que a xente opine; este tipo de reunións sempre veñen ben, porque hai moito do que falar e eu sempre estou a vosa disposición”. Candia fixo un recoñecemento explícito “á xente de base” do partido”.
Candia dixo: “Creo neste proxecto político e creo en Feijóo, senón nunca deixaría a alcaldía por acompañalo nunha lista; institucionalmente nunca fallou e seguramente nunha época tan difícil o único bo que temos é o privilexio de que a xestiona unha persoa coa súa altura de miras e da súa responsabilidade”. Por iso, dixo, “Galicia é o sitio no que se mira toda España, porque temos un gran líder e grazas á xente coma vosoutros”.
Polo seu lado, o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, explicou que a reunión inicialmente estaba prevista para entre 40 e 50 persoas, pero finalmente, á vista da situación dos rebrotes da covid-19, fíxose máis reducida. Manifestou: “O resultado conseguido en Galicia é un exemplo para todo o país. Alberto Núñez Feijóo fixo cousas extraordinarias e na provincia de Lugo unha cousa extraordinaria foi elixir a Elena Candia como cabeza de lista. Foi un fito conseguir nove deputados na provincia de Lugo”. Indicou que, desde o seu punto de vista, “estas eleccións quen as gañou foi Alberto Núñez Feijóo; todos axudamos, pero senón fora el o candidato non se gañaban así estas eleccións. Foi un éxito tremendo, que oxalá se repita noutros sitios”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



