Lugo, 29 de agosto de 2020. A Deputación de Lugo blinda a súa rede de centros de maiores por prevención ante os diferentes rebrotes da Covid-19 xurdidos na provincia. Esta blindaxe fíxose efectiva onte venres e contempla a suspensión tanto das visitas como das saídas nos centros de atención a maiores de titularidade provincial de Ribadeo, Trabada, Pol e A Fonsagrada.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, adianta que a decisión adóptase logo dunha reunión da Comisión de Seguimento das Residencias provinciais onde se valorou o novo escenario xurdido na provincia cos rebrotes activos de coronavirus Covid-19. “Seguimos coa nosa política de anticipación e cremos que debe primar a prudencia sempre que estea ao noso alcance, por iso tomamos esta decisión para minimizar o risco de contaxio e protexer aos nosos maiores”, explica. Ademais, o mandatario provincial lembra que xa “dende antes da declaración do Estado de Alarma dende a Deputación primamos o adianto na toma de decisións en materia de prevención nos centros de maiores e agora estamos actuando da mesma maneira xa que a día de hoxe Sanidade non nos ordenou realizar un peche dos centros, senón que é unha decisión propia que consideramos moi necesaria para previr calquera contaxio”.
Tomé Roca pide comprensión ante esta medida aos usuarios e usuarias e ás familias destes catro centros e informa de que se lles notificou de maneira persoal esta decisión. “Sabemos que non é unha situación doada, pero hai que ser conscientes de que a mellor pauta que se pode seguir para facerlle fronte ao virus é a distancia social, non podemos poñer en risco aos nosos maiores e é preferible prohibir e limitar o acceso agora que máis tarde ter que lamentar consecuencias maiores”, indica. O Presidente engade que é “fundamental protexer aos usuarios e usuarias das residencias, xa que son as máis vulnerables xunto ás que padecen patoloxías previas”.
Ata o momento, a institución provincial viña desenvolvendo protocolos moi rigorosos durante as visitas que proviñan do exterior con medidas como a toma de temperatura, uso de luvas, desinfección de calzado ou, entre outras, manter un correcto distanciamento social. Pero ante o novo escenario xurdido, a institución considera que é imprescindible extremar aínda máis as precaucións. Por iso, reforzaranse as videochamadas e as chamadas e tamén se están valorando novas fórmulas de encontro para que manteñan un contacto constante cos seus seres queridos.
Pola súa banda, o Presidente incide en que cada centro irá evolucionando segundo as circunstancias sanitarias da zona na que se atopa ubicado, respectando en todo momento as decisións adoptadas polas autoridades sanitarias. “Estamos mantendo contactos de maneira diaria con Sanidade para aplicar os protocolos axeitados e así o seguiremos facendo”, sostén.
Solicitude de test nos centros
O Presidente pídelle á Xunta que realice test de detección do coronavirus Covid-19 tanto ás persoas residentes coma aos traballadores que prestan os seus servizos nos centros da Deputación. “Cremos importante que se realicen probas masivas nas residencias para descartar posibles positivos asintomáticos, xa que as persoas que traballan nos centros teñen que saír e entrar para desenvolver a súa vida privada, feito que nos impide ter un risco cero de contaxio”.
A Deputación continúa aplicando nas residencias e no conxunto de edificios da súa titularidade un reforzo engadido do servizo de limpeza, prestando especial atención ás zonas de acceso e saída dos sectores de illamento, escaleiras, portas, ascensores, zonas de deambulación, entre outras, para reducir o risco de transmisión do coronavirus. Así mesmo, o Consorcio Provincial de Bombeiros realiza desinfeccións integrais nos centros de maiores provinciais.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



