Viveiro, 4 de setembro, 2020. O parque Pernas Peón foi durante décadas un espazo de descanso e ocio para varias xeracións de Viveiro, mais por desgraza deixou de selo pola inexistencia de políticas municipais medioambientais así como de plans de mantemendo e conservación do mesmo. Esta decadente situación agravouse após unhas actuacións que non contaron con ningún tipo de estudo nin planificación, como foi a de talar medio parque sen ter creado antes un proxecto.
O abandono e deterioro xunto coa ausencia dun plan de mantemento e conservación está a provocar a desaparición total da vexetación media-baixa tipo arbustos, plantas e flores, como tamén a caída constante de árbores e ramas co máis mínimo vendabal, obrigando a estar balizándoo cada pouco para evitar desgrazas.
Mais non só está a experimentar unha desertización vexetal este parque, senón que a maiores sofre dunha desertización das zonas de lecer e ocio; como mesas, bancos, zonas de xogo, fontes… Desertización das zonas de paso en terra batida que moitas case non se aprecian por falta de mantemento, e até a desertización nos seus monumentos, con políticas aplicadas polo Goberno de María Loureiro en solitario para cubrir os poucos espazos que se foron remodelando con bens de outros lugares, como os deste parque, véxase a Praza de Lugo co monumento a Diaz Freijo ou os canóns da fragata Magdalena situados agora nos Xardíns Noriega Varela.
Desde o BNG queremos recuperar ese espazo verde e humanizado, que servía tanto para a práctica deportiva de clubes, colexios e veciñanza en xeral, como de ocio e lecer onde as viveirensas e viveirenses pasaban o día desfrutando do espazo verde e natural que ofrecía este parque.
Por todo o anteriormente exposto propomos para a súa aprobación en pleno:
Elaboración dun proxecto de recuperación ambiental e paisaxística para o emblemático parque municipal Pernas Peón, que contemple a eliminación das árbores en mal estado, reflexe o deseño e ordenación deste espazo así como a tipoloxía de plantas, árbores e elementos vexetais que se van a plantar no mesmo, os equipamentos e servizos que vai ter, incluíndo un plan de conservación e mantemento para evitar o seu abandono e desertización nun futuro.
Creación dun circuito perimetral en terra batida que permita a práctica deportiva, ben sexa andar, correr ou bicicleta, así como para o uso e desfrute de adolescentes e crianzas. Tal e como teñen outras zonas verdes do Concello como é o espazo de en fronte á Piscina Municipal, constatando que non impide para nada outras actividades senón que abre todo un abanico de posibilidades para a veciñanza.
Estudar a posibilidade da creación dun Skate Park, dado que na actualidade non hai sitio para a práctica deste deporte no concello, podéndose aproveitar a parte que está máis perto da residencia DomusVi. Un lugar que leva décadas sen poderen utilizarse ao contar cunha caseta abandonada e un burato que podia aproveitarse como parte destas instalacións. A falta de lugares para a práctica deste deporte está a provocar o deterioro doutros que non están destinados para este uso, creando tamén confrontacións entre viandantes e persoas sobre patíns.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



