Lugo, 4 de setembro de 2020. A voceira socialista do Goberno da Deputación, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno deste venres aprobou a licitación do contrato para o subministro de material informático e de novas tecnoloxías para o Centro Asociado da UNED en Lugo, ao que a institución provincial destina 185.000 euros.
Concretamente, son ordenadores, impresoras de alto rendemento e sistemas de videoconferencia que permitirán a renovación do equipamento tecnolóxico de diferentes estancias da UNED, como o salón de actos, a aula de extensión, o Centro de Proceso de Datos (CPD) e a sala de AVIP, para o inicio do próximo curso universitario. Esta nova dotación axudará aos docentes a mellorar a calidade dos contidos dixitais da plataforma telemática da Universidade, como as emisións en directo e as gravacións das clases impartidas.
García Porto explicou en rolda de prensa que esta aportación súmase a achegada este ano pola Deputación por preto de 300.000 euros para os gastos derivados do funcionamento do Centro Asociado da UNED en Lugo, como os de dirección e coordinación, administración e servizos, titorías, locais, edificios, instalacións e materiais, ou os desprazamentos de profesores para participar na dirección, xestión e docencia en seminarios e convivencias do centro.
“Deste xeito, renovamos o firme compromiso que mantemos dende a Deputación coa educación en xeral e coa UNED en Lugo en particular, pois foi esta institución a que financiou a construción da sede deste centro, que permitiu a implantación da Universidade a Distancia na cidade, deixando de ser a única capital de provincia en Galicia na que a UNED non tiña centro físico, así como a súa consolidación, pois a día de hoxe inclúe 22 ofertas de titulacións de grao”, subliñou a voceira socialista do Goberno.
Melloras na estrada de Bravos por Foxo a San Pantaleón
Con respecto á rede viaria provincial, a Xunta de Goberno aprobou a licitación por importe de 180.000 euros de melloras na LU-P-3807, que vai de Bravos por Foxo a San Pantaleón, no concello de Ourol. Trátase da vía máis rápida que teñen os veciños da parroquia de San Pantaleón para chegar a Ourol e Viveiro. Os traballos de mellora realizaranse nun treito de máis de 7 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,630 e 7,950, e consistirán no acondicionamento da vía e na reposición de liñas e marcas viarias reflexivas brancas. O prazo de execución é de 9 meses.
A Deputada provincial salientou que as melloras na estrada provincial de Ourol súmanse ás aprobadas nas dúas pasadas xuntas de goberno na rede viaria provincial por un valor total de máis de 1,5 millóns de euros en 10 concellos da provincia: Vilalba, Chantada, Carballedo, Mondoñedo, A Pastoriza, A Fonsagrada, Barreiros, Bóveda, Monforte de Lemos e Trabada.
Reforzo Parque Móbil
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou o procedemento de contratación dun camión con cisterna de emulsión asfáltica para o Parque Móbil da Deputación, cun orzamento de 65.000 euros. “Deste xeito, pasaremos de contar con 3 equipos de rego a 4, reforzando un instrumento fundamental de cooperación da Deputación cos Concellos como é o Parque Móbil, pois afórralles custes no acondicionamento das vías municipais”, subliñou Pilar García Porto.
Máis dotacións no entorno do Rato e Paradai
Na Xunta de Goberno tamén foi aprobada a adxudicación do aluguer de catro cabinas sanitarias autónomas móbiles, totalmente accesibles, e o seu mantemento e limpeza diarias para a súa instalación no entorno do Paseo do Río Rato e dos hortos urbanos dos parques do Río Rato e de Paradai. O orzamento do contrato é de 23.500 euros e a súa duración prolongarase ata o 2023. Estas cabinas sanitarias deben instalarse en menos de 15 días.
En canto aos hortos urbanos, a Deputada asegurou que previsiblemente neste mes de setembro estarán as parcelas adxudicadas aos seus usuarios e usuarias. Os terreos estarán en condicións óptimas no momento no que as persoas beneficiarias vaian a traballalos. A Deputación conta con 150 hortos no Parque do Rato e 34 no de Paradai. Un total de 175 novos espazos uniformes, agro ecolóxicos e accesibles con máis servizos.
Prorrogado o encargo a Tragsa do servizo de limpeza
Na reunión deste venres a Xunta de Goberno acordou prorrogar á empresa pública TRAGSA o servizo de limpeza e mantemento dos distintos edificios e dependencias da Deputación. Conta cun orzamento de 202.000 euros e será por un período de 3 meses, ata decembro.
A voceira socialista do Goberno lembrou que o pasado mes de marzo a Deputación resolveu o contrato coa empresa que tiña adxudicado o servizo de limpeza das dependencias provinciais debido ao incumprimento de obrigas esenciais como o abono de salarios e encargou o mesmo con carácter provisional á empresa pública Tragsa garantindo a continuidade dos 32 postos de traballo.
Tragsa, medio propio instrumental da Deputación dende finais do pasado ano, farase cargo do servizo de limpeza de maneira provisional, mentres se desenvolve a tramitación dun novo concurso para adxudicar outra vez o contrato.
Apoio ao barrio da Milagrosa
A Xunta de Goberno aprobou unha subvención excepcional, por valor de 20.000 euros, para a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industrias da Milagrosa. “Con esta axuda queremos amosar o apoio da institución provincial cun dos barrios máis importantes, senlleiros e hospitalarios de Lugo, que por desgraza, está a vivir unha situación complicada pola crise sanitaria da Covid-19. Facemos esta aportación económica tendo en conta que esta asociación impulsa iniciativas e actividades durante todo ano que dinamizan a vida social e económica deste barrio de Lugo e, por extensión, de toda a cidade”, asegurou García Porto.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



