Madrid, 7 de setembro 2020. O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Congreso una Proposición Non de Lei para a eliminación das comisión bancarias, sobre todo, para aquelas persoas máis desfavorecidas que se atopen en risco de exclusión social. O deputado nacionalista, Néstor Rego, explicou que contar cunha conta bancaria é un servizo básico imprescindíbel para toda a cidadanía, polo que resulta abusivo o cobro destas comisións aos usuarios e usuarias.
Rego salientou que “é case obrigatorio contar, cando menos, cunha conta aberta nun banco ou caixa de aforros onde poder recibir os ingresos da nómina, pensión ou subsidio”, ou desde a cal facer certos pagos que deben constar necesariamente mediante transferencia bancaria para que podan ser tidos en conta polas distintas Administracións.
Neste sentido, pode pórse como exemplo o estreado Ingreso Mínimo Vital que se destina a aquelas persoas con maior vulnerabilidade, mais que debe ser recibido a través dunha conta bancaria necesariamente e sobre esa conta deberán pagarse comisións. O BNG considera necesario de que se faga accesíbel para as persoas que reciban algún tipo de subsidio, a posibilidade de abrir contas correntes libres de comisións, mais tamén para o resto da poboación que simplemente necesitan un servizo bancario básico.
Os nacionalistas destacan que ter unha conta bancaria aberta non sae de balde e critican que o peor é que, é máis custoso utilizar eses servizos financeiros imprescindíbeis para os que atravesan unha situación económica difícil. Néstor Rego salientou que “os bancos ofrecen normalmente a posibilidade de eliminar comisións nas súas contas se os usuarios ou usuarias garantan determinados ingresos mensuais elevados ou se contratan outros produtos financeiros”, así poderá negociar co seu banco que non lle aplique comisións. “Resulta claramente inxusto que os que menos teñen sexan os que máis comisións acaben pagando” sinalou o deputado nacionalista.
O BNG insta a través desta PNL a regular a obriga por parte das entidades bancarias de aplicar de forma automática Contas de Pago Básicas sen comisións para todas aquelas persoas que, por recibir subsidios ou axudas públicas, como é o Ingreso Mínimo Vital ou Rendas de Inserción, xa teñan acreditada a súa situación de vulnerabilidade.
Ademais, debera ser obrigatorio que as entidades bancarias oferten esta posibilidade a todos os seus usuarios e usuarias. Os nacionalistas denuncian que non se divulga e que tampouco existe o coñecemento entre a poboación xeral desta posibilidade.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



