Xermade, a 12 de setembro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Xermade, Antonio Riveira, considera que “o feito de que os propietarios de cuadras, palleiras e almacéns situados en solo rústico teñan que pagar máis que os dos situados en núcleo rural demostra un trato discriminatorio para estes veciños de Xermade que, ademais, son os que viven en poboacións máis illadas”. Así o recorda ante o anuncio, a través dun bando da alcaldía, do inicio do período de cobro do Impostos de Bens Inmobles (IBI).
Os populares levan varios anos defendendo a unificación dos criterios de bonificación entre as edificacións de uso agrogandeiro e do sector primario en solo de núcleo rural e as situadas en solo rústico. A este respecto, volven reiterarlle ao goberno local a súa petición para a elaboración e aprobación dunha modificación da ordenanza municipal do IBI tal e como se acordara no pleno do 14 de abril do 2016.
Nese momento, fora aprobada a proposta do Grupo Municipal Popular que recollía a bonificación da cota íntegra do IBI para as edificacións de uso agrogandeiro e do sector primario en solo rústico igual que se estaba facendo no solo de núcleo rural; pero “nunca se levou a cabo a redacción desta ordenanza a pesar de térllelo recordado nos anos seguintes. O goberno local está a incumprir ese acordo do pleno”, critica Riveira.
O voceiro popular engade que “este non é o único incumprimento por parte do goberno local de Xermade” porque “tamén está a incumprir a regra de gasto do exercicio 2019”. É dicir, “gastaron máis do que recollía o orzamento municipal para esa anualidade”.
Concretamente, “pasáronse en máis de 150.000 euros dos que preto de 88.000 euros son para que o Concello abone os gastos do salario do alcalde dado que ese acordo plenario foi anulado por vía xudicial”. Así mesmo, os reparos formulados por intervención en materia de gasto en relación á aprobación das contas do ano 2019 sumaron 513.000 euros”. O popular critica este proceder do rexedor socialista que, mentres, “castiga a amplos sectores da poboación do concello de Xermade con impostos desproporcionados”, lamenta.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



