Cervo, a 18 de setembro de 2020. Na reunión telemática da mesa multilateral de información sobre o proceso de venda, a CIG instou a Alcoa a abandonar “os seus plans de peche” e a desbloquear as negociacións con GFG Alliance (Liberty House) de cara a facilitar unha venda que garanta os empregos e a continuidade produtiva na fábrica de San Cibrao sen parada das cubas. Así llo demandou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que lle lembrou á multinacional que o pasado 13 de agosto, todas as partes aceptaron traballar na proposta de mediación feita polas administracións española e galega para acadar unha solución.
Esa proposta tomouse como punto de partida para que Alcoa aceptara “con vontade real” unha venda e polo tanto a continuidade industrial sen parada de cubas. “Pero o paso dos días demostra que o único obxectivo de Alcoa é consumir este tempo ‘de prórroga’ para prefabricar unha exculpación polo fracaso das negociacións “, advertiu Carril.
As cinco reunións da mesa de seguimento, engade, evidencian que Alcoa está a pór obstáculos imposíbeis para acadar a saída que nestes momentos está enriba da mesa: o proxecto industrial do grupo británico. Por iso, reclamoulle a Alcoa que deixe de boicotear a negociación alegando demandas imposíbeis por parte de GFG, como dispor dun contrato de subministros de alúmina máis alá dos cinco anos, tendo en conta que Alcoa “aterrizou no estado español reclamando garantías, subministros e prezos por prazos moi superiores”.
De igual xeito, criticou que Alcoa insista tanto nos custes de separación cando estes teñen a ver con cuestións relativas a concesións ou permisos que dependen das administracións públicas. “Para que esta operación vaia adiante necesítase unha vontade de vender que Alcoa parece que non ten”, espetoulle.
Doutra banda, á CIG preocúpalle que Alcoa teña máis preocupación por preparar un escenario de paradas das cubas que por “traballar de forma decidida pola continuidade da produción”. “Non imos consentir que se traslade un posíbel fracaso das negociacións á mesa laboral ou que se queira precipitar todo á mesa negociadora do ERE o próximo 28 de setembro”, advertiu.
En calquera caso, Carril reiterou que “nesa mesa non está a solución, só despedimentos e peche do aluminio primario, e nese foro nin sequera están representados/as todos os traballadores/as, porque o persoal das auxiliares segue sen ter cauce onde abordar a súa problemática ante calquera escenario que se dea”.
Finalmente, Paulo Carril insitiu en demandar de Alcoa que acepte a mediación das administracións, “porque doutro xeito estades dinamitando o acordo que subscribimos o 13 de agosto, antes incluso de rematar o prazo de tempo fixado”.
Así as cousas, de frustrarse a venda ou resultar nun acordo insuficiente, a CIG non renuncia á nacionalización do complexo de San Cibrao, posto que é unha opción posíbel e viábel e non existen limitacións normativas que impidan esta intervención pública, para que só fai falta vontade política.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



