Como saben os veciños de Viveiro, en ocasións que considero especiais diríxome a eles mediante un artigo de opinión. É o que fago hoxe porque creo que a ocasión merece que diga o que penso sobre o comportamento do grupo de goberno do Concello, e sinaladamente da alcaldesa, María Loureiro (PSOE), que na pasada sesión plenaria dixeron non á proposta que presentamos os concelleiros do PP para demandar unha lei que axude a poñer freo á okupación (permitídeme que o escriba así) de vivendas e facilite a súa recuperación polos seus lexítimos propietarios.
Como dicía, o pasado martes, no pleno, o grupo municipal do PP, do que son portavoz, defendeu unha moción para que a corporación apoiase a solicitude dunha lei orgánica que recolla a defensa da propiedade privada e a loita contra a okupación de vivendas. Esta proposición introduce medidas como que a autoridade pública e os seus axentes poidan desaloxar as vivendas ilegalmente ocupadas (okupadas) nun prazo de doce horas, sen necesidade de esperar a trámites que duran meses. Considera nula a inscrición no padrón municipal cando a persoa rexistrada é un okupa, axiliza o proceso para xulgar este tipo de delincuencia e establece novas penas para quen fomente a okupación ilegal, e, se estas persoas son responsables políticos, inclúe inhabilitación de 15 anos.
Ademais, esta proposición de lei reforza os medios de que dispoñen as comunidades de propietarios para combater a okupación e as negativas consecuencias que ten para a convivencia e a seguridade dos veciños, que poderán adoptar medidas preventivas. Pois ben, isto que á maioría dos mortais nos parece lóxico, foi votado en contra pola alcaldesa, amparándose en argumentos nada consistentes, cando non disparatados.
Non sabendo que dicir, díxonos a alcaldesa que esta é unha moción política; pois claro que é política, nin que nós estiveramos aquí para xogar ao tute. Outra máis destas foi o que dixo de que se está magnificando a situación nos medios de comunicación e non é para tanto. E eu quero preguntar: entón, que é o que pretende, minimizar a situación, restarlle importancia? Outra máis: di que hai mafias do lado dos okupas e do outro lado; postas así as cousas, non sei eu se intenta xustificar algúns comportamentos, ou a onde pretende chegar. Total, un cúmulo de despropósitos.
Todos temos recoñecido o dereito a unha vivenda digna, pero tamén temos o dereito a defender a nosa propiedade. A okupación (ocupación ilegal) é un problema de todas as clases e de forma importante para a clase media e traballadora; senón se lle pon freo irá a máis e o problema pode chegar a nosa zona. O que nos gustaría saber é como vai explicar o seu voto neste asunto diante dos seus votantes, que, como calquera veciño, están preocupados porque saben que poden chegar a súa casa e atopala okupada.
Óscar Rodríguez.
Portavoz do grupo municipal do PP de Viveiro



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



