Burela, a 10 de outubro de 2020.- No PP non saen do seu asombro coa asignación que se lle efectuou á concelleira socialista Toñi Eijo por parte do alcalde, o tamén socialista, Alfredo Llano, de nada menos que 5.000 euros e, os populares téñeno claro, “coa escusa de ser a presidenta da comisión de festas, esta semana a todo correr, o Sr. Llano decidiu facer unha asignación directa á concelleira Eijo para que contrate para a fin de semana un concerto”.
“Coa que está a caer en Burela e os cartos de todos son dilapidados polo Sr. Llano dunha maneira incrible”, indican dende o PP burelés. E seguen, “eles (a Sra. Eijo e o Sr. Llano) din que as cousa melloraron en Burela, que llo pregunten, por exemplo, aos autónomos e pequenos empresarios da vila ou aos representantes do mercado ambulante, a ver que din eles sobre esa suposta mellora”.
“Resulta inconcebible a nula visión socioeconómica e funcional que xa é endémica no actual goberno socialista”, continúan explicando no PP, “eses cartos estarían moito mellor empregados, por exemplo, no arranxo da área recreativa do Monte Castelo, na execución subsidiaria por parte do Concello da limpeza dos solares do casco urbano, que dan auténtica vergoña o lamentable estado no que están, ou na recuperación do convenio anual que existía coa Acia de Burela, que pasou de 18.000 euros ao ano co PP aos 10.000 actuais deste goberno socialista”, afirman.
Os populares conclúen indicando que “a falta de decoro non ten fin para boa parte dos concelleiros socialista de Burela, e mentres o silencio cómplice, unha vez máis, do Bng, delata ao actual sistema de goberno instaurado en Burela”.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



